Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 19 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
OIA

A muller mais lonxeva de Oia, Carmen Álvarez, cumpre 103 anos

[Img #78755]Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira e a muller máis lonxeva do municipio, cumpriu esta semana 103 anos. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.   

 

A centenaria homenaxeada celebrou o seu aniversario na compañía dos seus achegados e seres queridos. Nesta data tan especial, a rexedora e a tenente de alcalde achegáronse a felicitala e transmitirlle os parabéns e agarimos en nome de todo o municipio.

 

Carmen Álvarez naceu o 17 de novembro de 1919 en Torroña, trasladándose a vivir a Burgueira cando casou con José, veciño coñecido por ser o carteiro nesta parroquia. Traballou toda a vida no campo, tivo 3 fillos e, segundo lembran na súa familia, foi unha muller de gran memoria: cando ía ata Comercial Blanco para facer a compra, levaba sempre a lista de memoria e, ademais, facía todos os cálculos mentalmente, sen ter que recorrer á axuda da calculadora.

 

Despois dunha existencia chea de traballo e esforzo, actualmente a ‘avoa de Oia’ supera o século de vida gozando do cariño da súa gran familia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.