Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 09:41:00 horas

Xornal21.es
Viernes, 18 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación acende o motor do 25N en Pontevedra e Vigo co despregue de lonas

A pancarta conmemorativa, que marca o arranque oficial da programación, loce xa nas fachadas de ambos inmobles coa imaxe de tres mulleres unidas fronte ao negacionismo

A imaxe de tres mulleres fortemente unidas simboliza xa no balcón do Pazo Provincial de Pontevedra e na sede da Deputación en Vigo o lema “Fronte ao negacionismo. Alianzas dende o feminismo” co que este ano a Deputación de Pontevedra conmemora o 25N. A presidenta, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente César Mosquera e deputadas e deputados provinciais, despregaron hoxe a pancarta reivindicativa da loita contra a violencia machista que marca o arranque da programación provincial que se prolongará ata finais de ano baixo catro eixos: alianzas desde a comunicación, a educación, a cultura e a investigación e coñecemento.

 

Carmela Silva aludiu ao lema escollido neste 2022 para subliñar que “é preciso establecer alianzas que non permitan nin un paso atrás nos logros conseguidos”. “Ante a negación debemos defender con argumentos o común denominador desta vulneración dos dereitos humanos. Asasínannos por ser mulleres”. Lembrou que “de novo estamos no tempo de estar alerta, vixiantes, porque todas as crises sempre fan que a igualdade retroceda e, esta vez, non o vai facer porque hai moitas mulleres aliadas contra as violencias machistas e as discriminacións”.

 

A programación da Deputación terá os actos centrais o vindeiro venres 25N, co pleno da corporación provincial no que se dará lectura á declaración institucional a cargo da profesora Azucena Arias (12 horas) . O mesmo día arrancará tamén a oitava edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero” con dúas accións en Pontevedra e Vigo, a primeira ás 10.30 horas no Pazo Provincial, protagonizada pola compañía Duelirium e a actriz Mónica de Nut, que porán en escena un espectáculo con acrobacias. Pola tarde, ás 18 horas, no MARCO de Vigo terá lugar a outra acción inaugural a cargo de Iria Sobrado, Ana Gesto e Elena Salgueiro con “Canon circular”

 

Previamente, xa esta próxima semana celebraranse dous actos integrados na programación: o luns a presentación de Gegame, un novidoso proxecto cunha ferramenta educativa para promover a igualdade implicando á mocidade; a estrea do banco das mulleres da escrita nos xardíns do Pazo Provincial de Pontevedra e a inauguración o xoves 24 na sede de Vigo da mostra “Dende a fenda. Prácticas artísticas e feministas en Galicia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.