MOS
"Coas violencias machistas perdeMOS" lema do 25N en Mos
Mos presenta a súa programación municipal conmemorativa do 25N
O Concello de Mos presentou este pasado venres representado por representantes de varios clubes deportivos do Concello de Mos, a programación municipal conmemorativa do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, declararon a este respecto que “como cada ano o mes de novembro tínguese de morado e dende o Concello de Mos, a través do CIM, xunto cos colexios, escolas infantís e clubs deportivos, levaremos a cabo actividades para sensibilizar e previr a violencia de xénero dende os valores do respecto , a educación, e a corresponsabilidade. Sen esquecer as vítimas de violencia asasinadas o longo deste 2022”, explicaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.
O programa de actos incluirá, o 24 de novembro ás 10:30 h, a Mesa Local de Coordinación Contra a Violencia de Xénero. O propio día 25, Día Internacional contra a Violencia de Xénero ás 12:00 h celebrarase o acto institucional no Concello en homenaxe ás vítimas a cargo das persoas voluntarias dos puntos lila do CIM; e ás 17:00 h terá lugar o acto cos clubes deportivos no Campo de Fútbol de Cototorrón (acto de homenaxe ás vítimas e de reivindicación do respecto á igualdade no deporte).
Durante este acto os clubes deportivos de Mos comprometeranse a traballar non só este 25 de novembro, senón tódolos días do ano a prol da igualdade e contra a violencia de xénero a través das actividades de cada un deles.
Os Clubs Deportivos participantes son:
CLUB UNIÓN DEPORTIVA MOS
CLUB DEPORTIVO ALERTA DE SANGUIÑEDA
CLUBE DEPORTIVO LOURO DE TAMEIGA
ESCOLA DE PATINAXE ROSALEIRA
ESCOLAS DE PATINAXE DE MOS
CLUB PATINAXE XIRAMOS
CLUBS CICLISTA MASTER
ESCOLA DE EQUITACION SAN COSME
CLUB HIPICO J.C - TORROSO
CLUB XADREZ MOS
CLUB NATACION MOS
CLUB TIRO CON ARCO ARCHERS TEAM
CLUB BALONCESTO MOS
CLUB DEPORTIVO ESCLAVAS VIRGEN DOLOROSA
CLUB TENIS DE MESA DE MOS
ESCOLAS DE CAPOEIRA BAMBINO
O CIM de Mos impartirá charlas sobre igualdade tamén nos clubes deportivos.
Tamén se realizarán actividades para os centros educativos como xincanas de corresponsabilidade nos centros de educación primaria, dirixida aos cursos 4º, 5º e 6º . Para o alumnado dos CEIPS do Concello de Mos, proponse unha actividade lúdica e formativa na corresponsabilidade: 25 Novembro ( 10 h a 13 h ) Colexio de Atin Cela. 29 Novembro ( 10 h a 13 h ) Colexio Valverde Mayo (Sanguiñeda). 1 de decembro ( 10 h a 13 h) Colexio Pena de Francia. 2 de decembro (10h a 13h) Colexio Mestre Martínez Alonso. E 5 de decembro (10h a 13h) Colexio de Petelos.
Por último, levarase a cabo un obradoiro dirixido ás familias das crianzas das escolas infantís “A Galiña Azul” combinando procesos formativos con metodoloxías participación activa das persoas participantes, a reflexión grupal e individual a través de debates e mediante a realización de dinámicas individuais e grupais, actividades vivenciais e o uso de materiais audiovisuais. As datas de celebración serán 22 Novembro 17h a 19h, Porteliña. 23 Novembro 17 h a 19 h, Veigadaña. 24 Novembro 17 h a 19 h, Cototorrón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149