Vigo
O Concello remodelará o parque de Navia
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto do novo gran parque de Navia que terá 90.000 m2. Esta iniciativa, ademais de permitir remodelar esta área de ocio, facilitará a reforestación desta zona da cidade, coa plantación de case 200 árbores.
Abel Caballero deu conta da aprobación do proxecto de mellora integral do parque Nelson Mandela, Navia. Con 90.000 m2, é o segundo máis grande de Vigo, logo de Castrelos. As actuacións desta primeira fase incluirán a apertura do novos itinerarios que permitan unha conexión máis directas no parque; os estanques converteranse en pequenos regatos, formando meandros de terra vexetados e zonas de pequenas fervenzas; plantación de arborado con case 200 unidades de gran porte e 4.000 m2 de superficie de plantación arbustiva; zona para cans, labirintos vexetais; reparación de pavimento danado; un auditorio ao aire libre; novo mobiliario urbano: 20 mesas na zona de merendeiro, 20 bancos no percorrido do paseo central, tumbonas, fontes, papeleiras, aparcabicis e mesas de Teqball. Este proxecto ademais remodelar o parque, apuntou, permitirá reforestar Navia, explicou o rexedor. Unha vez licitado, o inicio das obras será inminente e, tan pronto remate a execución desta primeira fase, arrancará a segunda.
En rolda de prensa Caballero lembrou que o Concello tamén está a recuperar o paseo do Lagares na zona alta, así como diversas zonas húmidas, facendo compatible a existencia de zonas de ocio cunha “importantísma recuperación medioambiental”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163