• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Jueves, 03 de Septiembre de 2026

Actualizada Miércoles, 02 de Septiembre de 2026 a las 16:25:59 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos inaugura el renovado Parque Multiocio da Pesqueira con más de 8.000 metros cuadrados de ocio y deporte

      Mos inaugura el renovado Parque Multiocio da Pesqueira con más de 8.000 metros cuadrados de ocio y deporte

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas abre la ludoteca municipal para el nuevo curso

      Ponteareas abre la ludoteca municipal para el nuevo curso

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • El BNG denuncia un curso más el

      El BNG denuncia un curso más el "colapso" de los autobuses en Baixo Miño

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona pone fin a las filtraciones del gimnasio del CEP Sabarís

      Baiona pone fin a las filtraciones del gimnasio del CEP Sabarís

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El 70% de los alimentos en máquinas de urgencias no son saludables

      El 70% de los alimentos en máquinas de urgencias no son saludables

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Redacción / Xornal21.es
Martes, 22 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
MUNDO EMPRESA

Declaradas nulas as elección sindicais en Citroën

O Colexio Arbitral de Pontevedra, órgano de control das eleccións sindicais, considera, logo da impugnación presentada pola CUT, que resulta “evidente e indiscutible que as votacións non se produciron nas condicións óptimas para que as persoas votantes votaren en condicións de liberdade e segredo” e ordena que se repitan as eleccións sindicais.

 

“En resumo, non se xeraron as circunstancias suficientes para que as persoas puidesen votar en liberdade e en secreto. É un vicio moi grave, que ten que implicar a anulación das eleccións”. Desta maneira finaliza o Laudo nº 25/22 do 21 de novembro do Colexio Arbitral de Pontevedra que resolveu esta mañá a denuncia da CUT sobre a existencia de diferentes manobras de control do voto nas eleccións sindicais celebradas o 13 e 14 de outubro na empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A (Grupo Stellantis), atribuídas tanto á empresa como ao sindicato corporativo, o SIT, e que tiveron como resultado o de impediren que as traballadoras puidesen escoller libremente a súa representación sindical.

 

A CUT denunciara, o propio día das votacións, que co obxectivo de destruír o sindicalismo combativo e expulsalo da representación, se puxera en marcha unha estratexia de fiscalización de papeletas, consistente en asegurar que os traballadores e traballadoras votasen acompañadas e supervisadas, en moitas das ocasións por superiores xerárquicos. Ademais diso, implementáronse outros mecanismos a maiores para facilitar o control: a colocación de mesas para o exercicio do voto en público (as chamadas mesas auxiliares), o ditado de instrucións expresas e individuais de que non se empregaran as cabinas con cortinas, ou mesmo a colocación das mesas coas papeletas á vista dos interventores presentes no recinto de votación. Todos estes medios dirixidos a posibilitar un control exhaustivo e individual das papeletas escollidas por cada traballadora ou traballador.

 

Estas denuncias son soporte do que agora se confirma no proceso arbitral resolto cunha resolución que ten grande transcendencia na empresa, ao ser a primeira vez que se adopta unha decisión de tal calado contra as prácticas antisindicais en procesos electorais que este sindicato fai públicas dende hai anos.

 

O árbitro puxo de manifesto que a Mesa Electoral Central non só abandonou a súa obriga de que as persoas puidesen votar en liberdade e en segredo, senón que a súa decisión de permitir votar acompañado “erosionou de xeito substantivo ditos segredo e liberdade […] Con esta decisión expresa, é evidente que os membros de cada mesa non podían censurar a conduta de acompañamentos nas mesas auxiliares e no recinto de votación, porque se converteu en normativa do proceso”.

 

O árbitro declara a nulidade “das votacións celebradas na empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A” e “das actas rexistradas en relación coa dita votación” e ordena “retrotraer as actuacións para que se repitan as eleccións nos dous colexios”, o que implica non recoñecer a lexitimidade dos resultados de outubro coa debida repetición das votacións con expresa orde de que se garanta o dereito das traballadoras de Citroën a votar en secreto e en liberdade, libres de acompañamentos e marcaxes electorais. Ademais, dispón que se deben adoptar medidas “que impidan a visualización do voto por parte das persoas que interveñan como interventoras e dos membros natos da mesa electoral”, para garantir a intimidade no exercicio do dereito do voto.

 

O responsábel da CUT en Stellantis, Vítor Mariño Fernández, celebra o resultado do proceso arbitral, que considera “que recoñece publicamente a situación de presión, temor e medo á represalia coa que o cadro de persoal de Stellantis participa dos procesos electorais ou de calquera acto e acción sindical, e asegura unha repetición dun proceso electoral no que terán que aprender a xogar limpo. Aínda que sabemos que non estaremos exentos da tentativa de control de voto por parte do SIT e da empresa se fomos quen de chegar ata aquí faremos todo o posíbel para que as traballadoras e traballadores poidamos votar en liberdade, e poidamos seguir fortalecendo o sindicalismo combativo fronte á apisonadora do SIT, xa que a acción sindical é o único instrumento para facerlle á precariedade, ao deterioro da saúde e á perda de dereitos que se nos impón”.

 

SIT, CCOO e UGT a polo control de voto

A CUT lamenta que sindicatos como CCOO ou UGT, que en anteriores convocatorias mostraron preocupación polo control do voto, promoveran en unidade de acción co SIT a súa fiscalización nesta convocatoria, tal e como recolle o Feito Probado Quinto do Laudo, que recolle que foi UGT quen solicitou a reunión da Mesa Electoral para o establecemento da política do voto supervisado ou acompañado, que saiu adiante co apoio do SIT, UGT e CCOO.

 

Así mesmo, o papel conclusivo do sindicato amarelo SIT, que actúa como intermediario da empresa e ao servizo dos seus intereses, para vulnerar o segredo de voto nestas eleccións queda contemplado no laudo. A resolución cuestiona con rigor a posición do desta corporación sindical e pon de manifesto; […] o que defende o SIT é a liberdade de votar con acompañamento. A calidade democrática desta postura é, cando menos, moi mellorábel. E, para alén desa calidade, anti-xurídico, por contradicir o dereito de participación do art. 61 ET mediante condutas que teñen potencialidade anuladora do mesmo. O pretendido dereito a ir votar en grupo non semella a doutrina que mellor garante a liberdade de voto nin o seu carácter secreto. Porque a liberdade non lles corresponde ás persoas acompañantes, senón ás acompañadas, que desde logo poden ter fundados temores ou razóns para non votar individualmente e expresando de xeito xenuíno a súa vontade electoral cando unha organización absolutamente predominante na empresa xa desde hai bastantes anos defende abertamente o “dereito” ao acompañamento.

 

É innegable que un código de conduta seu -do SIT- e guieiro da súa praxe electoral é defender que non se vote individualmente e que se permita, xa que logo, o voto con presenza do colectivo, ou de varios individuos, conxuntamente coa persoa votante.

 

Como resultado deste estrito réxime de control do sentido do voto na xornada electoral, tanto o SIT, CCOO e UGT como a empresa conseguiron reverter a tendencia de crecemento sindical da CUT dende o 2014 e, malia resistir como terceira forza sindical, a CUT veuse damnificada pola marcaxe electoral e o temor ás represalias do persoal, nun proceso electoral que mesmo levou á CIG a desaparecer como forza representativa.

 

Unha das maiores expresións de aniquilación da democracia sindical en Citroën que agora, nun novo acto de eleccións sindicais, coa forza de todas as traballadoras e traballadores poderemos reverter.

 

Noticia anterior:
O pleno de Vigo aproba o orzamento de 292 millóns para 2023
Noticia siguiente:
Tapias: “El PSOE vigués no puede seguir amparando con su silencio conductas corruptas”
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.221

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El 85% de los ataques de ransomware en educación usan técnicas de identidad

El 85% de los ataques de ransomware en educación usan técnicas de identidad

El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

El gasto de la vuelta al cole supera los 500 euros por hijo: cómo ahorrar

La próxima guerra digital la librarán las inteligencias artificiales, según Babel

La próxima guerra digital la librarán las inteligencias artificiales, según Babel

El cerebro necesita hasta tres semanas para recuperar el ritmo tras las vacaciones

El cerebro necesita hasta tres semanas para recuperar el ritmo tras las vacaciones

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil alerta del repunte de estafas con cargos no autorizados en tarjetas bancarias

La Guardia Civil alerta del repunte de estafas con cargos no autorizados en tarjetas bancarias

La Guardia Civil y Gardacostas intervienen 2.500 kilos de sardina en Aldán

La Guardia Civil y Gardacostas intervienen 2.500 kilos de sardina en Aldán

Investigan a dos personas en Arbo por cultivo de marihuana

Investigan a dos personas en Arbo por cultivo de marihuana

El TSXG falla a favor de un conductor de camión y equipara su desprendimiento de retina a un accidente laboral

El TSXG falla a favor de un conductor de camión y equipara su desprendimiento de retina a un accidente laboral

Agenda

Septiembre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Galicia

Los apoyos educativos de la Xunta superan los 145 millones y crecen un 25% en cinco años

Los apoyos educativos de la Xunta superan los 145 millones y crecen un 25% en cinco años

Galicia lidera la escolarización 0-3 por cuarto año consecutivo

Galicia lidera la escolarización 0-3 por cuarto año consecutivo

Provincia

Las Islas Atlánticas, laboratorio natural para el estudio de las especies

Las Islas Atlánticas, laboratorio natural para el estudio de las especies

Más de 9 kilómetros de la EP-3102 se renovarán con 608.000 euros

Más de 9 kilómetros de la EP-3102 se renovarán con 608.000 euros

Deportes

Folgoso do Courel corona a los campeones del trail gallego

Folgoso do Courel corona a los campeones del trail gallego

El Ría de Betanzos mantiene el pleno en Boiro

El Ría de Betanzos mantiene el pleno en Boiro

El problema no es entrenar pocos días, sino querer recuperar el tiempo perdido de golpe

El problema no es entrenar pocos días, sino querer recuperar el tiempo perdido de golpe

Motor

El renacer de EBRO: 30.000 coches matriculados en 20 meses

El renacer de EBRO: 30.000 coches matriculados en 20 meses

Salud

El 70% de los alimentos en máquinas de urgencias no son saludables

El 70% de los alimentos en máquinas de urgencias no son saludables

La Comisión Europea aprueba un nuevo fármaco oral para el Parkinson

La Comisión Europea aprueba un nuevo fármaco oral para el Parkinson

Los mayores de 55 años rompen mitos: el 75% cuida su alimentación

Los mayores de 55 años rompen mitos: el 75% cuida su alimentación

Turismo

La videovigilancia inteligente se convierte en palanca de negocio para la hostelería española

La videovigilancia inteligente se convierte en palanca de negocio para la hostelería española

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

O pleno de Vigo aproba o orzamento de 292 millóns para 2023

Tapias: “El PSOE vigués no puede seguir amparando con su silencio conductas corruptas”

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder