Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 09:15:30 horas

Días de este evento:
Día Jueves, 24 de Noviembre de 2022

Axenda

Pleno Ordinario en Tui

O Alcalde de Tui cen de convocar Sesión con carácter de Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro xoves día 24 de novembro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello e con carácter público, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:


ORDE DO DÍA


A) Parte resolutiva:


1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 8/2022 de data 29/09/2022.


2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).


3º.- Expediente 2176/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 27/10/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "confortabilidade, salubridade e accesibilidade" no inmoble sito na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 4 – 6.


4º.- Expediente 2182/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 11/11/2022, de desestimación da concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento, reposición e instalación da sinalización da Senda dos Muíños do Tripes" sitas en Muíños da Senda do río Tripes.


5º.- Expediente 2183/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 11/11/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento do tellado no Muíño da Pousa" sitas en Muíños do río Tripes.


6º.- Expediente 2385/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 10/11/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e
mantemento de solado interior de planta baixa" no inmoble sito na rúa Pracer, 18.


7º.- Expediente 1788/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 10/11/2022, de aprobación do Plan Estratéxico de Subvención do Concello de Tui para o período 2022-2023-2024.


8º.- Expediente 2043/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 05/11/2022, de resolución de  recursos de reposición contra o acordo plenario de 26/05/2022 sobre solicitudes de revisión do “Inventario de bens e dereitos municipais/Inventario de vías e camiños municipais..


9º.- Expediente 560/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 05/11/2022, de resolución da alegación e aprobación definitiva da rectificación do “Inventario de bens e dereitos municipais/Inventario de vías e camiños municipais”/rectificación do camiño PE-01042.


10º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 14/11/2022, de resolución dos recursos de reposición presentados contra a aprobación definitiva da modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui por acordo plenario do 30/09/2021.


11º.- Expediente 2484/2022. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 17/11/2022, favorable á proposta do concelleiro delegado de Deporte, de data 11/11/2022, relativa ao cambio de nome do Centro Municipal de Remo de Tui, sito na rúa Olímpicos Tudenses, s/n, pasando a chamarse “Centro Municipal de Remo José Luís Méndez.


12º.- Expediente 2027/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 14/11/2022, relativa á resolución de alegacións e aprobación definitiva da renumeración dos inmobles do termo municipal e actualización do padrón de habitantes.


13º.- Expediente 2416/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 15/11/2022, relativa ao acordo para a Constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.


14º.- Mocións de urxencia.


B) Actividade de control:


15º.- Expediente 2378/2022. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2022 - 3º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.


16º.- Expediente 2377/2022. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP a provedores - 3º trimestre 2022.


17º.- Expediente 2395/2022. Dación de conta do Decreto de aprobación do custe efectivo dos servizos no Concello de Tui no exercicio 2021.


18º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de outubro e novembro de 2022.


19º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 1382, de 26/09/2022 ata o núm. 1734, de 18/11/2022.


C) Rogos e preguntas:


20º.- Rogos e preg

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.