Martes, 17 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O polígono das Gándaras contará cunha nova liña eléctrica de media tensión

A nova liña de media tensión subterránea, cun trazado de 1.724 m, reforzará a fiabilidade do subministro ao polígono e minimizará os tempos de resposta ante calquera incidencia na zona

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, visitou esta semana a subestación de Atios na que a distribuidora eléctrica de Naturgy vén de invertir preto de 350.000 euros para a construción dunha nova liña de de saída de media tensión ata o Polígono Industrial de As Gándaras.

 

A actuación consiste na construción dunha liña de media tensión subterránea de 1.724 m dende a subestación de Atios ata o polígono industrial de As Gándaras co obxectivo de apoiar o subministro eléctrico na zona. Ademais, tal e como explicaron os técnicos ao rexedor, está proxectada tamén a reforma do centro de seccionamento existente para dotalo de máis celdas telecontroladas para optimizar a fiabilidade do servizo.

 

“Esta nova liña permitirá potenciar a calidade do subministro eléctrico e aumentar a capacidade da red de distribución nunha zona industrial en crecemento”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Os nosos polígonos industriais son o motor económico do Porriño e de parte da contorna, as melloras na calidade do servizo que se lles preste sempre repercutirán positivamente para todo o muncipio”.

 

Pola súa parte, o delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, explicou que “con estas novas actuacións, reforzase o servizo no Polígono de As Gándaras, que contará cunha nova liña de media tensión de reforz, asegurando o subministro dunha das zonas industriais máis importantes de Galicia”.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.