Jueves, 19 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP reelixirá este domingo a Santiago Rodríguez como presidente local do partido

Propón a Ana Cristina Pérez como vicepresidenta e a Pablo Caballero como secretario dun comité local que renovará nun 40%.

O candidato á presidencia do Partido Popular de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, incluirá na súa executiva a Ana Cristina Pérez como vicepresidenta e a Pablo Caballero como secretario, dun comité local que renovará nun 40%. Un equipo que, segundo sinala o candidato, “representará a todas as parroquias do noso concello e traballará en todas as áreas que afectan e preocupan aos veciños de Salceda de Caselas. O obxectivo é traballar arreo, escoitando, facendo propostas e recollendo suxestións para plasmar todo ese traballo no programa electoral co que o PP se presentará ás municipais de maio, e ofrecer un proxecto serio, real e para todos os veciños. Teremos un gran equipo para ofrecer un gran Goberno”.

 

Deste xeito, sinala Rodríguez Davila, confían en sumar eses 100 votos que en 2019 os separaron da maioría absoluta e do Goberno local. “Saímos a por todas. Traballaremos arreo para conseguir a maioría suficiente para Gobernar e estaremos preparados para facelo desde o primeiro minuto. Sen condicións, sen cesións, e cun programa e unha folla de ruta coñecida”, sinala. Nesta liña, di que “non se pode repetir que gobernen Salceda de Caselas os partidos que perderon as eleccións, e que a alcaldía estea en mans do partido menos votado polos veciños”.

 

 

O candidato sinala que "formará un equipo forte e preparado para conseguir eses 100 votos que nos separan da maioría absoluta e do Goberno".

 

Estes nomeamentos faranse efectivos unha vez celebrado o congreso local do partido. O candidato agradece, asemade, o apoio unánime que todos os afiliados lle deron ao apoiar a súa candidatura, que foi a única que se presentou para presidir o partido local. E recorda que “somos o único partido de Salceda de Caselas que celebra congresos abertos e nos que pode participar calquera afiliado, damos voz e a oportunidade de debater e votar o que queren que sexa o PP. Os demais partidos xúntanse en asembleas pechadas e internas para decidir entre uns poucos quen vai ser a persoa candidata”.

 

O 5º Congreso local do PP de Salceda de Caselas celébrase este domingo, 27 de novembro, no Auditorio municipal. Ademais de representantes autonómicos do partido, alcaldes e voceiros da comarca, contará coa asistencia do presidente provincial, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.