OPINIÓN
Problemática das residencias da terceira idade en Galicia
As Residencias de Maiores de Política Social, así como as prazas públicas concertadas con residencias privadas, están a ser utilizadas como centros de internamento para pacientes psiquiátricos (a maioría menores de 65 anos), por parte da consellería de Sanidade e coa connivencia da Consellería de Política Social. Este tipo de doentes teñen unhas especiais características que supoñen unhas necesidades de atención e coidados que NON se están a dar nas Residencias de Maiores o que ocasiona problemas de convivencia moi graves e estresantes tanto para eles como para os residentes maiores sen enfermidades mentais.
As Residencias de Maiores non están adaptadas nen dotadas de profesionais para converterse en centros de reclusión de pacientes psiquiátricos, e moito menos, mesturados con persoas maiores que se alteran e sofren situacións de estres ou mesmo de risco para a súa saúde ou dignidade (xa son varios os casos nos que persoas a tratamento psiquiátrico teñen tido episodios agresivos ou de “tocamientos” a persoas maiores residentes).
A consellería de Política Social, dálle o visto e prace a esta situación que converte nunha “bomba de reloxería” ás Residencias da Terceira Idade, ao ingresar nelas a persoas que precisan unha atención psiquiátrica adaptada as súas necesidades, por non dispor de especialistas que poidan facer un seguimento destes residentes, os cales conviven coas persoas maiores, compartido os comedores, as salas polivalentes, corredores, salas de terapia e mesmo, habitacións, sen unha supervisión axeitada e necesaria.
Non esquezamos que, na maioría dos centros na quenda de noite só contan cunha persoa ou dúas persoas para a atención ás/ós residentes. Neste senso, debemos de engadir que as descompensacións sintomatolóxicas ou condutuais dos pacientes psiquiátricos, cando se producen, poden alterar as actividades e a normal convivencia dos centros.
Moitos destes ingresos psiquiátricos proceden de institucións hospitalarias pechadas que dispoñían dunhas normas de protección e vixilancia que non se dan nunha Residencia de Maiores, polo que ao ingresar nun centro desta tipoloxía, poden darse actitudes agresivas e de incorrección social que non se poden corrixir nin evitar, cunhas rutinas que se ven alteradas e impiden o normal desenrolo das actividades diarias e as de ocio.
As persoas maiores usuarias destes centros de maiores teñen así que convivir con persoas, a maioría deles menores de 65 anos, que poden sufrir descompensacións psicóticas, alteracións de conduta, episodios de agresividade, persoas con alucinacións que gritan en momentos da tan necesaria tranquilidade como é a hora do almorzo, do xantar, da sesta, da cea ou do descanso nocturno, sen que o persoal traballador destas Residencias de Maiores poidan atender e resolver de forma axeitada este tipo de situacións, sendo nalgúns casos tamén vítimas de agresións, insultos e alteracións graves da convivencia.
Consideramos está situación moi grave e de alto risco tanto para estas persoas como para os residentes dos centros de maiores (incluso para o persoal traballador), e que deben de ser paliadas de inmediato, cesando o ingreso de persoas con diagnósticos psiquiátricos en Residencias de Persoas Maiores. A Consellería de Política Social debe arbitrar as medidas necesarias xunto coa Consellería de Sanidade para que os pacientes psiquiátricos teñan centros especializados onde poidan ser tratados e atendidos segundo as súas necesidades e que non supoñan un factor de problemas de convivencia e intranquilidade para as persoas maiores residentes en centros de atención, que non son institucións hospitalarias e menos de atención psiquiátrica.
Esta asociación advirte, unha vez mais, á conselleira de Política Social que será considerada responsable, pola súa inactividade, dos futuros sucesos acaecidos nas residencias de maiores en relación á situación de risco que se acaba de expoñer ao longo do presente escrito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58