Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Domingo, 27 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta forma máis de 4.000 mulleres da Provincia de Pontevedra

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, visitou esta semana esta actividade en Vilagarcía de Arousa, que conta coa participación de 26 mulleres, e que tamén se celebra en Cambados e O Grove e chegará a Catoira, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, Meaño e A Illa de Arousa

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, está a formar a máis de 4.000 mulleres da provincia de Pontevedra en capacidades informáticas e tecnolóxicas ao abeiro do programa Galegas Dixitais, co que se pretende mellorar a cualificación das participantes e outorgarlles máis opcións de empregabilidade e emprendemento coa redución da fenda dixital.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola xefa territorial de Promoción do Emprego, Marta Mariño, e representantes municipais, visitou o pasado venres o desenvolvemento deste programa en Vilagarcía de Arousa, que comezou hai dez días con 26 mulleres e a profesora Rita María Rey e estenderá as súas actividades ata o 26 de decembro.


Esta actividade formativa, que inclúe un ordenador portátil de agasallo para todas as participantes, está orientada a mulleres desempregadas de municipios inferiores a 30.000 habitantes ou a traballadoras ocupadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que figuren como demandantes de emprego.


Durante a mesma impártense 135 horas formativas en tres módulos, de idéntica duración cada un, consistentes en competencias básicas de informática, competencias avanzadas de informática e iniciación de competencias dixitais básicas para o emprendemento. Así mesmo, estas ensinanzas complementaranse cun módulo de igualdade.


Nesta primeira fase, Galegas Dixitais estase a desenvolver en 25 localidades da provincia, entre as que tamén figuran, da comarca do Salnés, as de Cambados e O Grove. Na segunda quenda, incorporaranse outros 25 municipios, entre os que están incluídos os de Catoira, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, Meaño e A Illa de Arousa.


O programa, que beneficiará a 10.000 mulleres de toda Galicia coa celebración de 600 accións formativas en 60 localidades, está promovido pola Xunta de Galicia e financiado a través dos Fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.


Minuto de silencio e declaración institucional
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra interrompeu a súa visita ao mediodía e, xunto á xefa territorial de Promoción do Emprego e as participantes de Galegas Dixitais en Vilagarcía de Arousa, celebrou un minuto de silencio na lembranza das vítimas da violencia de xénero con motivo do 25N. Posteriormente, procedeuse á lectura da declaración institucional aprobada no seo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero para esixir a absoluta e inmediata erradicación desta lacra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.