GALICIA
A Xunta salienta en Bruxelas a importancia de apoiar o sector da automoción
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou no ‘Roundtable event on the mobility transition pathway’, onde apostou por acometer un reparto descentralizado dos fondos Next Generation
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe en Bruxelas no Roundtable event on the mobility transition pathway, unha xornada na que afondou, con outros axentes do sector, no actual escenario da industria da automoción. Neste marco, Guldrís defendeu a necesidade de seguir sumando esforzos xunto ao sector para avanzar cara a nova mobilidade eléctrica, sustentable e conectada.
Así, o director do Igape avogou pola posibilidade de crear a nivel europeo un Fondo Especial de Transformación que facilite á industria a súa adaptación ás necesidades marcadas por esta mobilidade sostible, e que aglutine a aquelas rexións cun maior peso do sector. Así mesmo, Guldrís defendeu a importancia de acometer un reparto descentralizado dos fondos Next Generation, que resulte transparente e áxil. “Estamos no momento adecuado para poñer todos os recursos dispoñibles ao servizo da dobre transformación dixital e sostible que afronta a industria”, incidiu.
Reitera a necesidade de impulsar un Fondo especial de Transformación que facilite a adaptación do sector á nova mobilidade
Guldrís lembrou que o sector está a sufrir unha das transformación máis grandes da súa historia nas que a transición xusta ou a electrificación son puntos centrais do cambio de paradigma actual. Un escenario no que, subliñou, o Goberno galego está xa a impulsar a Axenda Enerxética de Galicia, que inclúe 145 millóns de euros para promover o vehículo eléctrico, o corredor verde do norte peninsular e a transformación das frotas de transporte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17