PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O Plantel do Diario De Pontevedra Convoca Unha Folga Indefinida
O cadro de persoal, co apoio de UGT e CIG, reclama salarios dignos e un convenio xusto. Farase
ver na cidade con protestas previas ao parón, cunha primeira acción este mércores día 30 de
novembro
O plantel de Lérez Ediciones S.L., sociedade propietaria do Diario de Pontevedra, que forma parte do grupo El Progreso, vén de convocar unha folga indefinida a partires do vindeiro 22 de decembro.
O motivo da mesma é a reclamación de salarios dignos, que levan sete anos seguidos conxelados, e dun convenio xusto. E que a empresa retome unhas negociacións que de forma unilateral non quere continuar tras meses de reunións e despois de trasladar a súa última oferta á parte social, na que contempla unha suba media do 1,1% para 2022 e non ten en conta os sete anos seguidos de conxelación salarial. Esta proposta é insuficiente e inxustificada para o plantel.
O cadro de persoal, en asamblea, decidiu apoiar o calendario de mobilizacións para reclamarlle á empresa unha mellora das súas condicións económicas e laborais. Os salarios non de actualizan dende 2015, o que supón unha perda de poder adquisitivo que supera o 18% tralas distintas subas do IPC. A actual inflación sitúa a empregadas e empregados do Diario nunha situación límite en moitos casos.
Ademais da conxelación de nóminas, as traballadoras e os traballadores víronse afectados por un ERTE durante a pandemia, iniciándose o mesmo en 2020. Este expediente xerou un quebranto non só económico para o plantel, senón tamén organizativo, cun sobresforzo durante a covid para dar cobertura informativa a todo o que pasaba na cidade e nas comarcas de todo o que acontecía, sen que o produto se vise resentido. O ERTE aplicouse a pesares de que o o sector foi declarado
de primeira necesidade polo Goberno durante a crise sanitaria. Este traballo extra nin se gratificou, nin se compensou nin se agradeceu. Por contra, os traballadores viron reducida a súa bolsa de paro e sufriron o agravio comparativo doutras empresas do sector, que evitaron aplicar medidas como esta regulación.
A folga a partires do día 22 de decembro virá precedida doutras mobilizacións. Todas elas contan co respaldo de UGT e CIG, as centrais sindicais con representación no Diario de Pontevedra. A primeira destas protestas terá lugar este mércores 30 de novembro, entre as 11 e as 12 horas, no entronque entre as rúas Lepanto e Benito Corbal. A segunda desenvolverase o 14 de decembro ás 20 horas. Consistirá nunha manifestación polo centro da cidade.
O plantel do Diario de Pontevedra quere trasladar o compromiso cos seus lectores e coa cidade, coa que a cabeceira está historicamente ligada. Tamén reclama o apoio das forzas vivas de Pontevedra nas súas reivindicacións. Hoxe son as traballadoras e os traballadores do xornal decano da Boa Vila os que queren ser escoitados e os que precisan o respaldo social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57