GALICIA
Galicia consolídase como un referente a nivel nacional no ámbito coidados intermedios
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou onte nunha mesa de diálogo no marco da X xornada e VII premios Somos Pacientes
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou nunha mesa de diálogo organizada pola Fundación Farmaindustria no marco da X xornada e VII premios Somos Pacientes. Durante o evento deu a coñecer os avances acadados en Galicia en materia de coidados durante os últimos anos e, especialmente, coa implantación dun novo modelo que establece como piares fundamentais unha maior coordinación sociosanitaria, máis dixitalización e a creación de centros máis humanos e funcionais.
Neste sentido, a conselleira sinalou que o Goberno galego vén apostando por un sistema máis integrado entre o ámbito sanitario e social, coa implantación de avances tecnolóxicos nas residencias ou coa creación no vindeiro ano 2023 das dúas primeiras unidades de coidados intermedias públicas de España. Estes centros atenderán a persoas que recibiron a alta hospitalaria, pero que seguen requirindo coidados específicos. Deste xeito, continúase a súa atención no ámbito social sen necesidade do seu ingreso nunha residencia. O primeiro deles licitarase este mesmo mes de decembro.
No mes de decembro licitarase o primeiro centro no que se atenderá a persoas que recibiron a alta hospitalaria, pero que seguen requirindo coidados específicos
Fabiola García lembrou que o Goberno galego leva anos mellorando e ampliando a súa carteira de servizos para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de dependencia sempre coa premisa de respectar as súas preferencia sobre onde e como vivir esta etapa das súas vidas. Neste sentido, sinalou que se impulsou a creación de casas do maior, centros de atención diúrna en concellos pouco poboados; tamén se puxo en marcha o programa coidados porta a porta para ofrecer servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria; e estase a estender a implantación da teleasistencia para poñer a tecnoloxía ao beneficio das persoas maiores.
II Encontro Direccións Médicas
Pola tarde, a conselleira participará tamén no II Encontro de Direccións Médicas que ten lugar no parador de Alcalá de Henares. Un evento no que tamén poderá compartir coa sociedade médica todos estes avances logrados en Galicia no fomento das relacións entre o ámbito social e sanitario, así como coñecer novas propostas e ideas sobre como seguir construíndo pontes entre estas dúas disciplinas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148