SALUD
A Xunta lembra que o novo modelo de coidados debe pasar por unha maior coordinación sociosanitaria
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou nunha mesa sobre coordinación asistencial dentro do II Encontro de Direccións Médicas
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou nunha mesa sobre a coordinación asistencial no marco do II Encontro de Direccións Médicas que está tendo lugar no parador de Alcalá de Henares en Madrid. Durante a súa intervención, lembrou que o novo modelo de coidados debe pasar necesariamente por unha maior coordinación entre o ámbito sanitario e o social.
Neste sentido, apuntou que Galicia está dando pasos nesta dirección como demostra a implantación da Historia Clínica Electrónica nas residencias de maiores, na colaboración cos hospitais galegos para renovar receitas médicas ou na creación dos primeiros centros de coidados intermedios públicos de España. Un destes centros xa se licitará neste mesmo mes de decembro.
Galicia comezou a dar pasos neste sentido coa implantación da Historia Clínica Electrónica ou coa creación de canles de comunicación directa cos hospitais galegos para a renovación de receitas médicas
Estas instalacións, ás que tamén se referiu a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, durante a súa participación neste evento no día de onte, permiten atender ás persoas que xa recibiron a alta hospitalaria, pero que segue requirindo coidados específicos. Deste xeito, poderán continúase coa súa atención desde o ámbito social para garantir a súa recuperación completa e evitar o seu deterioro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141