TURISMO
Galicia é a comunidade española que máis candidaturas presenta para os "sendeiros azuis"
A directora xeral de Patrimonio Natural participou na reunión do xurado deste distintivo
Galicia é a comunidade autónoma que máis candidaturas presenta para ser recoñecidas co distintivo de Sendeiros azuis, un galardón que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede desde hai varios anos para recoñecer o papel das sendas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e interpretar ambientalmente a contorna.
Durante a súa participación na reunión do xurado que concede estes distintivos, presidido polo presidente de Adeac, José Palacios, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, salientou que Galicia presenta un total de 35 candidaturas, das que 22 corresponden á provincia de Pontevedra, 7 á da Coruña, e 6 á de Lugo. A nivel estatal, preséntanse un total de 106 candidaturas en 20 provincias cunha extensión total de 589 quilómetros.
Do Campo puxo en valor que “unha de cada tres candidaturas españolas corresponde a un sendeiro galego” e incidiu en que o obxectivo é revalidar ou, se cabe, mellorar, o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na Comunidade española co maior número de distintivos deste tipo -29 itinerarios pertencentes a 19 municipios e cunha extensión total de máis de 220 quilómetros-. De feito, nesta ocasión presentan a súa candidatura 6 novos sendeiros -3 de Pontevedra, 2 de Lugo e 1 da Coruña-.
Belén do Campo incide en que o obxectivo é revalidar o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na autonomía co maior número de distintivos deste tipo con 29 itinerarios recoñecidos pertencentes a 19 municipios
Cómpre salientar que a Bandeira Sendeiro Azul, que se entregará antes da Semana Santa de 2023, premia e recoñece a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios mediante a súa transformación en contornas respectuosas, resilientes e sostibles.
Nesa liña, os principais obxectivos desta iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.
Ademais, realízase unha revisión periódica dos seguintes aspectos: características das sendas e trazados; estado da información, sinaléctica e infraestruturas; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural, e uso público e desfrute.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148