Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 04 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos aproba unha ordenanza municipal de convivencia cidadá

Búscase combater o "botellón" en Sanguiñeda

Con esta normativa preténdese dar solución a unha situación que se está a volver insostible para a veciñanza da zona

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte pola mañá por maioría a nova ordenanza municipal de convivencia cidadá cos votos a favor do equipo de goberno local, e dos concelleiros non adscritos, Verónica Castas e Román González, a abstención do grupo municipal do PSOE de Mos e os votos en contra de GañaMos e BNG. Así o informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas. Esta nova ordenanza vén precedida dunha Xunta Local de Seguridade (que se celebrou o pasado 16 de novembro) pola problemática do botellón en Sanguiñeda, na que xa se anunciou e se deu conta desta medida municipal coa que se pretende dar solución a unha situación insostible para a veciñanza da zona.


Nidia Arévalo expresou que “como alcaldesa, preocúpame enormemente esta situación, trátase dun problema moi serio de seguridade cidadá, polo que desde o Concello atopámonos traballando intensamente para tentar solucionalo facendo todo o posible e o que está na nosa man. Mantivemos unha reunión cos veciños da parroquia e a Policía Local a este respecto. Colocamos na zona carteis informativos, e os axentes locais están a proceder á imposición de sancións por consumo de bebidas alcohólicas na vía pública. Para iso a Policía Local está a facer horas extras para poder cubrir a quenda de noite. Ademais, hoxe (por onte) aprobamos en Pleno unha ordenanza de convivencia cidadá prohibindo o consumo de alcohol tamén en espazos privados ao aire libre (como parkings) e que nos permitirá darlle seguridade xurídica ás sancións de todo este tipo de actos que tanto malestar, como é lóxico, cáusanlle a moitos veciños e veciñas que constantemente acoden ao Concello e ao Cuartel da Garda Civil a presentar as súas queixas polos mesmos”.


A ordenanza municipal de convivencia cidadá aprobouse onte por maioría en Pleno e a continuación entrará en período de exposición pública e, a finais de xaneiro, previsiblemente, poderá entrar xa en vigor. Por parte do Concello de Mos tamén se lle abriu un expediente sancionador á discoteca en cuestión. E a Policía Local e a Garda Civil xa incrementaron a súa presenza na zona.


Da Xunta Local de Seguridade do pasado 16 de novembro (primeira e única da presente lexislatura) extraeuse o compromiso de todas as partes implicadas de maximizar os esforzos para solventar a problemática e a coordinación dun dispositivo conxunto entre os 3 corpos de seguridade: policías Local e Autonómica e Garda Civil para o control da zona durante os momentos de maior necesidade por afluencia de persoas. A curto prazo a discoteca ten xa programadas dúas grandes macrofestas, e as festas de Nadal serán tamén momentos de especial control e vixiancia. Farase un especial control por parte da Policía Autonómica do consumo e venda de alcohol a e por menores. Deste xeito coordinarase entre todas as administracións responsables e Corpos e Forzas de Seguridade o dispositivo necesario para disuadir na medida do posible esta situación que se está a volver insostible para os habitantes da zona.


A rexedora local mosense espera, con esta “nova ordenanza de convivencia cidadá, mitigar a problemática que se produce durante as fins de semana na contorna da discoteca Queen na Avenida de Sanguiñeda, onde se rexistran periódicamente celebracións de botellón, actos vandálicos e problemas de ruido, lixo e seguridade cidadá. E onde nos últimos meses se levan producido centos de denuncias”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.