Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta investirá 760.000 euros na a pliación do IES de Mos

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado da Alcaldesa, Nidia Areválo, visitou o IES de Mos para anunciar a inminente licitación da ampliación de 760.000 euros no centro

A semana pasada o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo Xefe territorial de Educación, e a Inspectora de Centros e a xefa da unidade técnica visitaron o IES de Mos coa a Alcaldesa de Mos, Nidia Areválo, a Concelleira de Educación Julia Loureiro, e o Director do Centro Xurxo Collazo así como membros da ANPA e do profesorado. Todos eles recibiron as explicacións de Estefanía Grandal, arquitecta mosense redactora do proxecto.

 

Nesta visita o conselleiro anunciou a inminente licitación da ampliación do centro por 750.000 euros que permitirá acoller novos ciclos de FP Básica. Inversión que se suma os máis de 400.000 euros executados para a mellora da cuberta. Co obxecto de ampliar a oferta formativa e ofrecer mellores servicios a comunidade educativa

 

Esta ampliación do Instituto vai a permitir crear novas clases que se situaran no primeiro andar do edificio, que concentrará a maior parte da obra. Serán en total catro novos espazos, todos eles cunha superficie maior de 60 m2 e con iluminación exterior. Ademais, neste mesmo andar crearase unha zona de estudo comunicada coa biblioteca a través dunhas novas escaleiras cara ao piso inferior.

 

Xa na planta baixa a intervención centrarase na ampliación da biblioteca cara a zona do acceso principal do edifico, ademais de crear a devandita escaleira que permitirá subir á zona de estudo da planta primeira.

 

O obxectivo final é acadar centros más amplos, mellor dotados desde o punto de vista tecnolóxico, máis cómodos para alumnado e profesorado, máis respectuosos co medio ambiente e capaces de aforrar consumo enerxético.

 

A Alcaldesa de Mos,  agradece enormemente a inversión da Xunta de Galicia de máis de 2.5 M que leva invertidos nos centros educativo de Mos. En especial esta ampliación no Instituto “porque non só se solventarán os problemas de aulas e espazo que levaba anos comunicando a dirección , se non que ademáis teremos a oportunidade de que o alumnado que queira facer unha FP básica a poida facer no noso Concello sen ter que desprazarse a concellos limítrofes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.