GALICIA
O goberno galego investirá case 28 m€ en reformar máis de 1.100 paradas de bus
Co obxectivo de fomentar o acceso ás cidades en transporte público, dotarase as paradas de autobús de marquesiñas, postes, bancos ou o apoio isquiático
O Consello da Xunta deulle luz verde ao programa para actuar en máis de 1.100 paradas de autobús en estradas autonómicas co fin de mellorar a súa seguridade e accesibilidade, o que suporá un investimento de case 28 millóns de euros.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, xa está a traballar en 21 proxectos que se están redactando para mellorar as paradas de autobús e a súa contorna.
Nas vindeiras semanas someteranse a información pública os primeiros proxectos, xa que algunhas actuacións implican expropiacións. Así, a finais de marzo prevese ter licitadas 10 obras, cun investimento de 13,4 M€, avanzando na contratación do resto das actuacións nos seguintes meses, ata completar os 27,96 M€ de investimento total previsto.
Estas actuacións serán financiadas con fondos MRR do programa Next Generation do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e, previsiblemente, tamén con fondos FEDER 21/27.
Esta iniciativa enmárcase o Plan de infraestruturas para unha mobilidade segura, verde e intelixente da Xunta de Galicia.
Actuacións
No marco destas intervencións, en primeiro lugar, revisarase se a localización da parada é a axeitada. A localización óptima destas infraestruturas é en tramos rectilíneos e con visibilidade, en treitos nos que a pendente da estrada sexa menor, próximas aos itinerarios accesibles e en zonas iluminadas.
Os traballos que se acometerán nas paradas consistirán en melloras do equipamento, como a dotación de marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático.
Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.
Mellorarase a accesibilidade para peóns e persoas con mobilidade reducida a través da conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento con podotáctil
As obras incluirán medidas de seguridade, tamén con perspectiva de xénero, procedendo á eliminación de vexetación, á mellora da visibilidade e da iluminación ou á ampliación do espazo ao redor das paradas.
Ademais, as intervencións prevén o reforzo da información e da sinalización, colocando planos de situación e percorridos ou sinais indicativos das paradas.
Criterios homoxéneos
Co obxectivo de levar a cabo actuacións con criterios homoxéneos, incorporando as boas prácticas aprendidas nos últimos anos en actuacións similares, desenvolvéronse dous documentos técnicos que servirán como folla de ruta para a execución destas melloras.
Así, empregaranse a “Guía para o deseño de paradas de autobús na Rede Autonómica de Estradas de Galicia” e as “Recomendacións para os cruces de peóns nas inmediacións das paradas de autobús situadas no dominio público viario autonómico”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185