TUI
Nico Montes reuniuse coa presidenta da Asociación de Vendedores Ambulantes de Vigo e Comarca
O candidato do PP á alcaldía de Tui mantivo unha xuntanza con Begoña Martínez para coñecer as demandas do colectivo
Nico Montes, candidato á alcaldía do Partido Popular de Tui, reuniuse con Begoña Martínez, presidenta da Asociación de Vendedores Ambulantes de Vigo e Comarca, para escoitar as propostas que os vendedores ambulantes teñen sobre a situación do mercado dos xoves.
Aínda que haberá máis reunións nas vindeiras semanas para ir coñecendo máis en profundidade as súas demandas. Nico Montes considera que “nestes intres estamos nunha fase de escoitar a veciñanza e aos distintos colectivos pero, neste caso, e mentres non teñamos un recinto feiral en condicións, nós somos partidarios de trasladar o mercado dos xoves a Corredoira e a súa contorna, é decir, paseo da Corredoira, rúa Calvo Sotelo e trasladar á rúa Ordoñez os postos de froitas e verduras recuperando así o antigo espazo da praza das verduras.
“Este traslado consideramos que ten que ser dun xeito ordeado e que implicará cambios na ordeanza de mercados (horarios de descarga e recollida, metros por posto, recollida de residuos, estética dos postos) para así, entre todos, conseguir un mercado máis atractivo e dinámico que siga xerando as sinerxias económicas que conlevou sempre, onde a hostalaría e o pequeno comercio eran beneficiarios da afluencia de público do mercado dos xoves”, declarou Nico Montes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.4