TUI
A Deputación logra 120.000 euros de fondos europeos para mellora de seguridade viaria en Tui
A actuación, xa moi avanzada, supón a creación dunha zona de convivencia con preferencia peonil, a mellora do trazado coa ampliación do radio das curvas e a renovación de servizos
A Deputación de Pontevedra vén de confirmar unha axuda de 120.000 euros do Plan de Recuperación para as obras de mellora de seguridade viaria que está levando a cabo na actualidade na EP5202 Cerquido–Ribadelouro, no concello de Tui, na que se inviste un orzamento total de preto de medio millón de euros (468.243 euros), e que estarán rematadas nas primeiras semanas do novo ano. En total, o financiamento europeo cobre preto do 26% do orzamento total, asumindo a institución provincial o 70% do restante (243.771 euros) e o Concello de Tui o outro 30% (104.472 €).
Os traballos, que comezaron o pasado mes de xullo, están a desenvolverse entre os puntos quilométricos 1+950 e o 2+150 da estrada, no tramo que discorre por diante do centro sociocultural de Ribadelouro, a igrexa de Santa Comba, o cemiterio e o adro da festa. En concreto, converterase nunha zona de tramo de tráfico compartido con preferencia peonil deseñando unha plataforma única para toda a calzada. Amais, a actuación contempla o acondicionamento da vía municipal que a cruza neste punto, para recoller o tráfico dos vehículos que se desviarán coa peonalización, mellorando o trazado existente ao ampliar o radio das curvas máis pechadas e executando unha beirarrúa máis ancha que a existente para separar o tráfico peonil do vehicular, algo vital ao tratarse dunha zona moi transitada por formar parte do Camiño de Santiago.
Por outra banda, substitúese a iluminación existente na actualidade por novos equipos de tecnoloxía led, o que axudará a reducir o consumo e as emisións, ademais de incorporar elementos físicos redutores de velocidade na calzada e unha nova solución de drenaxe que permita dispor dun itinerario atractivo e seguro para os peóns. Todas as actuacións suporán un aforro enerxético que podería chegar a ser de 12.081 kW/ano e de emisións de 3,6 toneladas de CO2. Para concluír, habilítase unha zona verde e instalaranse 32 bancos, co fin de promover a contorna como un lugar de interacción social entre a veciñanza da parroquia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57