Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 11 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Mercadiño Solidario de Libros na Biblioteca Municipal de Tui

Os libros cambiaranse por produtos de Nadal até o 30 de decembro

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza  até o venres 30 de decembro unha nova edición do mercadiño solidario de libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello.

 

Nestas xornadas, a Biblioteca Municipal ofrece os libros destinados ao expurgo, procedentes dos seus propios fondos ou de doazóns da veciñanza, para que aqueles lectores interesados poidan recoller aquelas obras que resulten do seu interese.

 

A condición para acceder a este mercadiño é a entrega dun lote de produtos de Nadal que estarán destinados ás familias atendidas polos Servizos Sociais municipais.

 

Os libros ofertados son de temática moi ampla e variada, desde novelas, libros infantís e xuvenís, libros de coñecementos, de non ficción, incluso algunhas obras de consulta.

 

O mercadiño estará aberto no horario de atención ao público da Biblioteca Municipal de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h, e os sábados de 9 a 13 h.

 

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, que visitou esta mañá o mercado, salienta que con esta actividade a Biblioteca Municipal oferta un amplo abanico de libros a todas as persoas afeccionadas á lectura a cambio da entrega de produtos do Nadal cunha finalidade solidaria. É unha ocasión de achegarse para atopar algunha publicación, xa fora do mercado ou descatalogada, que deste xeito aproveita ao lector interesado e tamén á familia que recibirá os produtos de Nadal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.4

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.