Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 11 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño celebra o nadal ao ritmo das súas rondallas

As rondallas de Pontellas e Santa Eulalia de Atios actuarán en todas as parroquias do municipio os días 11, 17 e 18 de decembro e estarán presentes tamén nos principais eventos do Nadal

No Porriño non pode haber Nadal sen a música das súa rondallas. As dúas agrupacións do muncipio, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e a Rondalla da Asociación Cultural Musical de  Pontellas, serán as encargadas de marcar o ritmo destes festexos con pasarrúas por todas as parroquias e presentes nos principais actos da programación de Nadal.


As pandeiretas empezarán a soar este este domingo 11 de decembro. A Rondalla de Pontellas actuará ás 16 h nas Mimosas de Carracido, ás 18 h na Forna de Budiño e ás 20 h fará un pasarrúas polo centro urbano. Pola súa banda, Santa Eulalia de Atios actuará ás 16 h na cultural de Chenlo, ás 18 h no centro cultural de Mosende e ás 19:30 h presentarase oficialmente no Centro Cultural de Atios.


A seguinte quenda será o sábado 17 de decembro. A Rondalla de Pontellas comezará a xornada en Cans ás 16 h e ás 18 h estará en el centro cultural de Casal en Budiño. A Rondalla Santa Eulalia de Atios arrancará ás 17 h cun pasarrúas en San Rosendo (Torneiros) e ás 18 h actuará no centro urbano e no Círculo Recreativo e Cultural. A tarde culminará ás 19:30 h no Centro Cultural de Pontellas co encontro entre ambas formacións.


O domingo 18 de decembro ambas rondallas se encontrarán no Centro Cultural de Atios ás 19:30 h.


As dúas agrupacións poñerán tamén a banda sonora ao arranque da Festa Pre-Fin de Ano que se celebrará o 30 de decembro , á Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente o 5 de xaneiro e, por suposto, serán as anfitrionas no Encontro de Rondallas do Porriño que este ano terá lugar o día 8 de xaneiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.