Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 10 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos destina ao SAF un orzamento anual de 1.130.200 €

O aumento do financiamento por parte da Xunta de Galicia permitirá incrementar o número de horas á disposición dos Concellos e aumentar a achega autonómica ata chegar aos 12€/hora

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou que a Xunta de Galicia incrementará o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata os 12€/hora para adiantar o compromiso de lexislatura fixado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e axudar aos concellos na prestación deste servizo municipal. Fíxoo esta mañá nunha visita a un usuario en Mos na que estivo acompañada da alcaldesa Nidia Arévalo. O usuario, Benjamín Davila Alonso, vive en Herville, parroquia de Cela, xunto á súa muller Mari Flor e o seu fillo Esteban. A auxiliar do SAF que lles presta o servizo e que esta mañá recibía tamén á conselleira e á alcaldesa no domicilio é Dircilene Franco. Tamén se achegou ata a vivenda o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso.

 

O SAF ten por obxecto prestar una serie de apoios e atencións a persoas que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situación  de risco social para facilitar a permanencia no súa contorna  habitual. Este servizo  prestase a través do sistema de dependencia,  sendo o recurso máis solicitado deste sistema. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou esta semana a este respecto que “o número de usuarios/as actuais do SAF en Mos é de 112 persoas e 22 a través do sistema básico ou libre concorrencia. Un total de 134. Para elo desde o Concello de Mos dedicamos unha partida do orzamento municipal para o SAF cun importe anual de 1.130.200 €”.

 

Así mesmo Arévalo, rexedora local mosense, destacou que “o Concello mosense é punteiro no SAF, no que actualmente conta con 61 traballadoras e case 66.000 horas anuais de servizo, fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. Mos é un dos municipios da provincia e da comarca con máis horas anuais de SAF, xa que outros municipios con 15.000 habitantes ao igual que Mos, contan con menos da metade de horas”, explicou.

 

O Concello de Mos ten 15.190 habitantes e un total de 5.501 horas ao mes de SAF: 66.012 ao ano.

 

Pola súa banda a conselleiro, Fabiola García, explicou que o Goberno galego incrementará nun 10% o orzamento do Servizo de Axuda no Fogar para o vindeiro ano ata chegar á cifra récord de 112 millóns de euros. Este aumento permitirá poñer máis horas á disposición dos concellos e incrementar a achega autonómica a este servizo. Segundo o acordo chegado coa Fegamp no ano 2021, a Xunta incrementaría o financiamento deste servizo progresivamente durante a lexislatura chegando aos 12€/hora no 2024, unha cantidade que o Goberno galego adiantará xa a este mes de xaneiro.

 

A conselleira puntualizou que deste xeito a Xunta incrementará o financiamento deste recurso nun 24%, ao pasar dos 9,7 €/hora do inicio da lexislatura ata os 12 actuais. Nesta liña, destacou que Galicia é unha referencia a nivel nacional neste servizo ao chegar a máis de 25.000 usuarios en toda a comunidade. Así mesmo, Fabiola García recordou que para ofrecerlle uns servizos de calidade aos cidadáns é fundamental a colaboración institucional. Por iso, lamenta que mentres a Xunta continúa a reforzar a súa colaboración cos concellos, o Goberno central siga a incumprir a Lei de dependencia que lle obriga a sufragar nun 50% os gastos nesta materia. Nestes momentos o reparto segue a ser dun 70% a Administración autonómica e dun 30% a estatal.

 

Servizos de proximidade
A Xunta de Galicia continúa a impulsar servizos que lle permitan aos maiores vivir no seu lugar de sempre e estar ben atendidos. Con este obxectivo puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, con servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria 100% gratuítos e que xa atendeu a máis de 26.000 persoas; a teleasistencia, que pronto chegará aos 10.000 usuarios e pon a tecnoloxía á disposición dos maiores e ofrécelles axuda e seguimento con só pulsar un botón; ou as máis de 100 casas do maior que ofrecen coidado diúrno, atención e actividades a persoas maiores que viven en concellos pouco poboados de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.