Galicia
Alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo
Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 5 metros debido ao mar de fondo e ventos do suroeste de forza 8
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a primeiras horas da xornada de mañá na Mariña lucense e no noroeste da Coruña por mar combinada do suroeste con ondas de ata 5 metros debido ao mar de fondo e vento do suroeste forza 8 de ata 74 quilómetros por hora. No resto do litoral galego o nivel de aviso será amarelo, tamén por mar combinada do suroeste e ondas de ata 5 metros e mar de fondo e ventos do suroeste forza 7.
Ademais, estará activa a alerta amarela por precipitacións acumuladas en toda a provincia de Pontevedra, no suroeste da Coruña, no sur de Lugo e no noroeste e na zona do Miño de Ourense. Canto ao vento, o nivel de aviso será amarelo porque soprará do suroeste con rachas de ata 80 quilómetros por hora na provincia de Pontevedra, na Mariña lucense e no noroeste, oeste e suroeste da Coruña.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129