Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 16 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O servizo de orientación laboral de Salvaterra atendeu preto de 500 usuarios

O Concello de Salvaterra de Miño ten en marcha o Servizo de Orientación Laboral, a través da subvención a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral da Xunta de Galicia, dende o mes de outubro do 2020.

 

Só durante o ano 2022 atendéronse preto de 500 usuarios do Servizo de Orientación da Oficina de Emprego, prestando un servizo de diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional, deseño de itinerarios personalizados para o emprego, acompañamento personalizado, deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc. 

 

Ao mesmo tempo, o Servizo de Orientación levou a cabo nestes meses 138 IPIs, dos cales aínda están abertos 22. Os IPIs son itinerarios personalizados de inserción onde se traballa individualmente durante 6 meses todos os aspectos da busca para que poidan atopar emprego, pero tamén para que sexan independentes nesa memsa busca e teñan todos os recursos ao remate do periodo; un traballo intenso e continuo que require un compromiso firme por parte do usuario.

 

Dende este departamento xestiónase unha bolsa de emprego que conta con máis de 200 persoas  e que  neste ano atendeu 32 ofertas de emprego. 

 

Ademais, por medio das Redes Sociais fanse publicación de ofertas de traballo, emprego e formación no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e proporcionar máis opcións aos nosos veciños e veciñas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.