Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 12:18:44 horas

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
VIGO

O programa “Galegas Dixitais” da Xunta mellora as capacidades tecnolóxicas das mulleres

A delegada da Xunta en Vigo visitou esta semana ás alumnas que participan nas accións formativas postas en marcha polo Goberno galego

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, coñeceu este luns de primeira man a acción formativa posta en marcha pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na cidade a través do programa “Galegas Dixitais” co que se pretende mellorar a cualificación de 200 viguesas e outorgarlles máis opcións de empregabilidade e emprendemento coa redución da fenda dixital.

 

A representante autonómica, acompañada pola xefa territorial de Promoción do Emprego, Marta Mariño, visitou a un dos primeiros grupos que leva a cabo o ciclo formativo sobre competencias informáticas na sede da empresa Be Project Consultores.  

 

Esta primeira fase do programa “Galegas Dixitais”, no que se están a investir 5,2 millóns de euros, financiados con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, estase a desenvolver en 25 localidades da provincia, entre elas once da área de Vigo.

 

As participantes na iniciativa realizan un itinerario formativo deseñado para avanzar en tres niveis: desde o básico de competencias dixitais ata un grao avanzado que ademais permitirá ás mulleres iniciarse, se así o desexan, en competencias dixitais para o emprendemento.

 

 

 

 

A actividade formativa está orientada a mulleres que estean inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia

 

 

 


En Vigo haberá 21 accións formativas (7 ciclos completos); en Gondomar e Redondela serán 12 accións (4 ciclos); en Mos, Cangas, Nigrán, O Porriño e Baiona outras 9 accións (3 ciclos); en Salvaterra e Soutomaior serán 6 (dous ciclos) e en Gondomar un máis (1 ciclo completo).

 

A formación impártese por expertos docentes e, ao seu remate, as alumnas recibirán un título oficial acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación. Co obxectivo, ademais, de facer posible o uso das novas tecnoloxías, as participantes, tras a formación, recibirán un equipo portátil co que poderán poñer en práctica o aprendido.

 

As accións formativas distribúense nun total de 120 horas (os tres ciclos completos) en modalidade presencial ou aula virtual, a través do Campus de Formación para o Emprego do Goberno galego. Inclúen módulos de competencias dixitais básicas e avanzadas, e dirixidas especialmente ao emprendemento; así como 5 horas de formación transversal en materia de igualdade.

 

O programa “Galegas Dixitais” está centrado na formación para o emprendemento e dirixido, con prioridade, a mulleres desempregadas e con residencia en contornas rurais, pero tamén a traballadoras inscritas como demandantes dunha mellora de emprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.