VIGO
Fernández-Tapias lembra que a Xunta investiu 3,4 m€ nos túneles da estación
Caballero sinalaba nun comunicado que a Xunta apenas aportarba medio millón de euros
A delegada da Xunta en Vigo destaca o esforzo inversor do Goberno galego tanto nos pasos subterráneos como na Estación de Autobuses Intermodal que abrirá o vindeiro sábado
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asegurou este luns que o alcalde, Abel Caballero, recorre de novo á “mentira patolóxica” tras as súas declaracións sobre o investimento do Goberno galego nos novos túneles da estación de Urzaiz. “Lonxe de destacar o entendemento que houbo entre tres administracións como exemplo para avanzar en servizos á cidade, o alcalde tenta enganar aos cidadáns”, sinalou a representante autonómica.
“A Xunta de Galicia, tal e como reflicte o acordo a tres partes que se asinou co Concello e ADIF, fíxose cargo do 15,93 por cento do custo dos túneles da estación, non do 3% como di agora para alimentar esa mentira patolóxica sobre o inexistente inimigo exterior da cidade”, apuntou.
“Lonxe de destacar o entendemento entre tres administracións como exemplo para avanzar en servizos para Vigo, o alcalde tenta enganar aos cidadáns”, sinalou
Fernández-Tapias aclarou que a Xunta destinou 3,41 millóns de euros a esta infraestrutura subterránea e ocupouse de construír as dúas seccións de ambos túneles que discorren baixo a Estación de Autobuses Intermodal. “Alega Caballero que se destinaron fondos europeos. Será que cando os fondos de Europa conségueos a Xunta non valen, pero cando os recibe o Concello si que son propios”, sinalou.
“O alcalde debería aproveitar a apertura do túnel para explicar por que non permitiu abrir a Estación de Autobuses, cun investimento de 18 millóns e acabada desde xuño, ou por que bloquea investimentos da Xunta na cidade por valor de 50 millóns”, engadiu. “En Vigo está todo paralizado polo alcalde. Non creo que ningún vigués estea de acordo no bloqueo ao Casco Vello, á Estación de Autobuses, á ETEA ou ao instituto de Navia. Outras cidades avanzan mentres o alcalde segue inmerso en guerras absurdas co único obxectivo da rendibilidade electoral”, engadiu

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163