MOS
Así será a nova Urbanización de San Rafael tras unha inversión de 1.2 millóns de euros
Xunta e o concello de Mos invisten na mellora integral da urbanización de San Rafael
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de asinar o convenio de colaboración coa alcaldesa da localidade
A Xunta de Galicia e o Concello de Mos investirán máis de 1,2 millóns de euros na reforma integral da urbanización de San Rafael, na parroquia de Pereiras, segundo o convenio asinado estre pasado mércores pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo.
A intervención neste barrio de vivendas construídas a finais dos anos 50 ten como obxectivo mellorar a accesibilidade entre os edificios residenciais e os dotacionais a través de distintas actuacións, como, por exemplo, a substitución do pavimento asfáltico e redimensionado dos viarios para mellorar a seguridade viaria; o soterramento das redes de enerxía eléctrica en baixa tensión e telefonía; a construción dunha nova rede de pluviais, e a renovación e ampliación da rede de alumeado.
A maiores, o proxecto, financiado nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, tamén prevé a introdución de especies vexetais, a instalación de mobiliario urbano -luminarias, bancos e papeleiras- así como a mellora da sinalización vertical e horizontal.
O obxectivo desta intervención é mellorar a accesibilidade entre os edificios residenciais e os dotacionais
Segundo salientou a conselleira, esta actuación executarase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa de apoio ás entidades locais galegas posto en marcha pola Xunta no ano 2010 co obxectivo de promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza.
Desde entón e grazas a esta iniciativa, mobilizáronse ao redor de 163 millóns de euros para o financiamento de máis de 410 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos, dirixidas tanto a habilitar ou recuperar equipamentos públicos municipais como a poñer en valor as contornas urbanas. Ata o momento, só na provincia de Pontevedra xa están comprometidos ou executados un total de 63 proxectos.
De feito, segundo lembrou Ángeles Vázquez, o Concello de Mos xa se beneficiou con anterioridade desta iniciativa para mellorar a pavimentación da urbanización de San Eleuterio e para humanizar a contorna parroquial de San Mamede.
A Xunta destinará 8,6 millóns de euros o vindeiro ano a seguir apoiando ás entidades locais galegas na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento reservado a tal fin en 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149