Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Martes, 20 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Tui pon a dispor da veciñanza catro biotrituradoras para uso particular

Trátase de ferramentas eléctricas para poda de carácter domiciliario, de pequeno tamaño e moi manexables

O Concello de Tui ten xa en marcha o servizo de autorización de uso de catro biotrituradoras de biomasa para á veciñanza.


Este novo servizo, que forma parte do Plan Municipal de Compostaxe, entra en funcionamento as a publicación o pasado venres, 9 de decembro, da Ordenanza Reguladora no BOPPO, logo que se aprobase en pleno o pasado 29 de setembro.


Estas biotrituradoras son maquinaria eléctrica, de pequeno tamaño para transportar en vehículos utilitarios e moi manexables mesmo para as persoas que non teña empregado antes este tipo de ferramentas.


A veciñanza pode solicitar o uso destas briotrituradoras dándose de alta no servizo de cesión de uso cubrindo o impreso de alta e a solicitude dispoñible na web municipal.  Terán prioridade os fogares adheridos ao servizo de compostaxe municipal. A máquina poderá usarse durante unha semana para triturar restos de viñas ou outros materiais orgánicos que a veciñanza teña nos seus domicilios. Permiten un máximo de 4 centímetros de tamaño de pola, admitindo follas e ramificacións tanto de árbores froitais e outras ornamentais. Non se poden empregar para restos verdes coma herba ou materiais con mesturado de terra ou pedras, e tampouco mobles ou similares utensilios. A responsabilidade de uso e posibles desperfectos quedarán a cargo da persoa solicitante.


Con este novo servizo de biotrituradoras de uso particular, o Concello de Tui prosegue co desenvolvemento do Plan de Compostaxe e a xestión de biorresiduos municipais. Serven tamén para favorecer o emprego e fabricación domiciliaria de compost, unha actividade que contribúe positivamente aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.