Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Martes, 20 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Mercado de Tomiño acada unha axuda de máis de 9.100€

A Xunta outorgou esta subvención para o financiamento de gastos de mantemento e de mellora da eficiencia enerxética, promoción do comercio e formación dos praceiros e praceiras

O Mercado de Tomiño segue a traballar para manter os estándares asociados ao seu selo de Mercado Excelente e ao mérito de ser a primeira praza de abastos de Galicia en conseguir este distintivo. Neste sentido, o Concello acadou unha subvención de máis de 9.100 euros da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destinados ao financiamento de gastos de mantemento das instalacións do mercado e á mellora da eficiencia enerxética, así como á promoción do comercio no mesmo e á formación dos praceiros e praceiras, uns custos que durante o 2022 ascenderon a case 12.000 euros.


Esta subvención forma parte das axudas outorgadas en réxime de concorrencia non competitiva postas en marcha pola Xunta de Galicia para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos.


A praza de abastos de Tomiño acadou o selo de Mercado Excelente no ano 2018 pola súa resposta aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, así como pola proximidade e o trato personalizado que ofrece á clientela. A imaxe do propio mercado, as instalacións e accesibilidade, a organización e profesionalidade dos praceiros e praceiras, a atención á clientela e prestación de servizos e a implicación e integración do mercado na vida social do concello foron determinantes para conseguir este distintivo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.