Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 19 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
BAIONA

Baiona, imaxe de postais de Nadal

Unha imaxe de Baiona da súa emblemática rúa Elduayen centra a mirada nunha postal do Nadal coa que Correos quere promocionar nestas datas tan especiais a Baiona por todo o territorio nacional.  

 

A presentación oficial desta postal levou a cabo o pasado venres. Nela participaron  o Alcalde, Carlos Gómez, e polo director da oficina de Correos da localidade, Carlos Meijome e os autores da bonita ilustración, Ramón Quintás e Noelia Molinos, á fronte da tenda de estudo e ilustración Papelier de Baiona.

 

Esta bonita composición  xa está dispoñible de forma gratuíta na oficina de turismo de Baiona para que visitantes, peregrinos e peregrinas enviei esta tarxeta publicitaria ao longo e ancho de España. Tamén no Concello de Baiona na praza de abastos para todos aqueles baioneses e baionesas que queiran felicitar o nadal.

 

Trátase dunha postal prefranqueada, da que se fixeron 500 exemplares.  O obxectivo desta emisión é a promoción e difusión da Vila de Baiona .

 

A Tarxeta Postal, emitida polo Concello de Baiona, está prefranqueada coa tarifa A de envíos nacionais, para que poida viaxar facilmente a través da rede postal podendo ser depositada en calquera Caixa de correos ou Oficina de Correos sen custo adicional.

 

O Concello de Baiona e a oficina de Correos da localidade, traballaron unidos para lograr esta iniciativa que servirá para promocionar Baiona como destino turístico a través dunha serie de postais. A primeira delas, emitiuse o pasado mes de marzo e esta ocasión tratouse dunha postal promocional da "XXVI Festa dá Arribada", realizada para conmemorar  o "529 Aniversario da Arribada da Carabela A Pinta" a Baiona. Unha segunda postal coa imaxe   Unha imaxe de Baiona desde o estuario da Foz do Miño foi emitada no mes de xuño.

 

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, detallou que “a postal se compón dunha ilustración dunha das rúas máis emblemáticas da nosa localidade con ornamentación  do Nadal  e na que mesmo se ve paseando aos reis magos,  e no reverso, aparece un código QR que permite visualizar o anuncio promocional da Turismo de Baiona. A postal dispón do franqueo postal incluído co cal o envío da mesma será gratuíto. Esta iniciativa pretende poñer en valor a nosa localidade e dala a coñecer en todo o territorio nacional  e que sirva como foco de atracción en Nadal. Agora con esta nova tarxeta postal, dáse continuidade a esta nova iniciativa de promoción e difusión do municipio para atraer xente ao municipio para consumir nos negocios e comercios locais nas datas do Nadal”.

 

Gómez destacou “o amplo retorno publicitario que terá o envío destas postais”.  Por todo iso, o mandatario quixo aproveitar a presentación para trasladar a súa gratitude á entidade Correos así como á oficina da localidade e ao seu director, Carlos Meijome Juíz,  polo seu traballo e por apostar por Baiona e dar a coñecer deste xeito os seus atractivos. Tamén  agradeceu a Ramón e Noelia de Papelier Baiona, a bonita ilustración que deseñaron da vila de Baiona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.