SOLIDARIOS
A Xunta dá visibilidade ao traballo de acougo con familias acolledoras
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na inauguración da mostra que se pode ver no edificio administrativo da Xunta en San Caetano
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou onte na inauguración dunha exposición de Acougo centrada no acollemento familiar de nenos e adolescentes en situación de desprotección. Esta mostra pódese ver no espazo da pirámide do edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano e enmárcase no ciclo titulado ‘Retratos: Familia e Infancia’.
Jacobo Rey destacou a aposta da Xunta de Galicia polo acollemento familiar para garantir o benestar e a protección dos menores. Neste sentido, gabou o traballo de entidades como Acougo, que ten un trato directo coas familias para preparalas de cara a un acollemento. A Administración autonómica tamén ten programas de acollemento de menores con Aldeas Infantís e Cruz Vermella.
O Executivo autonómico desenvolverá en 2023 o I Plan de Impulso ao Acollemento Familiar
O director xeral apuntou que os orzamentos do Goberno galego para 2023 inclúen o que será o primeiro Plan de Impulso ao Acollemento Familiar de Galicia, que permitirá incrementar un 20% os fondos para aumentar as axudas que reciben estas familias, desenvolver programas especializados neste ámbito e campañas específicas para informar ás familias.
Nesta liña, lembrou que o Executivo autonómico ten en marcha un programa de acollemento familiar especializado para seleccionar a fogares nos que, polo menos, un dos proxenitores teña unha cualificación profesional específica. Confíase en que ata 30 familias galegas participen nesta primeira experiencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163