Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 22 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Fundación Semana Verde pecha 2022 con cifras récord

O Padroado da entidade xuntouse esta semana para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023

A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2022 con cifras récord en varias feiras e un grande incremento na facturación da central agropecuaria, segundo se puxo de manifesto nesta semana na reunión do seu Padroado. Presidida pola secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, a xuntanza serviu para facer o balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023.

 

A previsión é que neste exercicio as contas queden practicamente equilibradas, tras a celebración de 21 eventos cos que se foi recuperando a normalidade despois da pandemia e volveu o protagonismo das actividades distintas aos procesos selectivos. Deste últimos celebráronse sete fronte ás 14 restantes. Ademais, en 2022 incluíuse no calendario o novo certame de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo, que tivo moi boa acollida, e rexistráronse varias feiras con cifras récord.

 

Así, os salóns de alimentación e turismo da Feira Internacional Abanca Semana Verde acadaron os seus mellores resultados en expositores e superficie. Pola súa banda, a sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca converteuse na maior celebrada ata o momento en todos os seus parámetros, cun 26% máis de expositores, unha superficie un 16% maior e un 27% máis de visitantes,  ademais de ser a máis internacional tanto na exposición como na procedencia dos visitantes.

 

 

 

 

Entre as actividades desenvolvidas nos últimos meses destacouse a inclusión no calendario do novo certame de seguridade, defensa e emerxencias ‘Sedexpo’, cunha moi boa acollida

 

 

 

 

 

Neste exercicio destacan tamén as cifras da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que, a falta de dúas sesións para pechar o ano, acadou xa unha facturación de case 32,4 millóns de euros, un 52,31% máis que na mesma semana de 2021 e un 76,8% máis que na de 2019. Cómpre sinalar tamén que xa supera nun 52,53% a facturación total anual de 2021 e nun 77,9% a de 2019. En canto á asistencia, con dúas poxas pendentes de celebrarse este ano, suma unha concorrencia de 49.021 animais, un 11,6% máis que na mesma semana de 2021 e 9,2% máis que na de 2019, ademais de supoñer xa un incremento dun 8,54% nas cifras totais de asistencia en 2021 e dun 6,3% respecto ás de 2019.

 

A maiores, na reunión analizouse o orzamento previsto para 2023, o cal  será de novo de case 3 millóns de euros, co obxectivo de manter a liña positiva lograda en 2022 tras o parón da pandemia e tendo en conta a incerteza económica que se prevé para os vindeiros meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.