Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Asinada ante notario a compra dos terreos que permitirá ampliar o parque da auga da Pesqueira

O espazo de lecer convertirase nunha área lúdica de case 8.500 m2

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo secretario municipal, Carlos Piñeiro Sarmiento, asinou onte na notaría do Porriño, xunto cos propietarios e propietarias dos terreos, a compra e o pago das parcelas necesarias para ampliar o parque da auga da Pesqueira. Trátase do último trámite administrativo antes de poder comezar a obra.

 

A mediados do mes de xuño do pasado verán aprobouse en Xunta de Goberno Local o expediente de contratación e pregos de compra de terreos para a ampliación do Parque da Auga da Pesqueira.

 

A actuación proposta polo Concello de Mos no devandito parque dará resposta á gran demanda de usuarios da xa existente primeira fase desta infraestutura de lecer ao aire libre, ao carón do Paseo do Río Louro, na Pesqueira, parroquia de Mos.

 

Trátase pois dun interese público para o que surxiu a necesidade de adquirir unhas parcelas colindantes co actual parque municipal da auga na Pesqueira. Xa que actualmente o espazo do parque existente quédase curto para absorver a elevada demanda de zonas de esparcemento público para as persoas. O parque actual está diferenciado en 4 zonas que acollen parque da auga, parque infantil, zona elementos biosaludables e zona de esparcemento.

 

Preténdese, coa adquisición das parcelas, ampliar as 4 zonas dotándoas de máis elementos de xogo e esparcemento, e acadando unha superficie final total de 8.477,00 m2. Resulta idónea a ampliación do parque existente porque está no Paseo do Louro, o que supón unha vantaxa de excelente ubicación como área de lecer dunha zona moi transitada. Na zona non existen outras parcelas que reunan as condicións con igual idoneidade para a finalidade pretendida, porque son todas colindantes co actual parque.

 

A superficie actual do parque municipal da auga da Pesqueira ascende a 3.710,00 m2, máis a superficie a adquirir para realizar a ampliación de 4.767,00 m2, suporá un parque da auga de superficie total final de 8.477,00 m2.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.