Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Sábado, 24 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Policía Autonómica comisa 63,5 quilos de centola en Marín

No marco dun dispositivo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido no porto de Aguete por axentes da UPA da sede de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia

Axentes da xefatura da Policía Autonómica en Pontevedra incautaron esta semana 63,5 quilos de centola no marco dun dispositivo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido no porto de Aguete, en Marín, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia.


Os policías detectaron unha embarcación da que se descargaban produtos pesqueiros e se introducían no interior dun vehículo. Ao inspeccionalo, localizaron no maleteiro catro cestos coas centolas e, dado que o condutor e patrón da embarcación carecía de documentación de transporte da mercadoría, procederon ao comiso.


Os axentes tamén levantaron acta de denuncia por diferentes infraccións á Lei de pesca de Galicia, como o exceso de peso de captura establecido para a embarcación, a descarga dos produtos pesqueiros nun porto non autorizado, e o transporte da mercadoría sen documento e nun vehículo non autorizado. Todas as centolas comisadas, ao estar vivas, foron devoltas ao mar da zona.


O operativo enmárcase no reforzo feito este ano pola Policía Autonómica no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. Así, medraron as inspeccións, os rexistros e as denuncias con respecto a 2021, co resultado dunha redución da actividade delitiva, e melloraron tanto a  profesionalización do persoal policial neste ámbito coma o coñecemento das prácticas das persoas dedicadas ao marisqueo ilegal.


O traballo da Policía Autonómica coa Consellería do Mar céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias. Trátase así de protexer as concesións marisqueiras e a actividade dos profesionais que as traballan legalmente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.4

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.