Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Domingo, 25 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Plan Concellos 2023 comeza coa aprobación das primeiras achegas da liña 3 de emprego a catro municipios da provincia

As Neves, Oia, Catoira e Pazos de Borbén son os primeiros concellos en ver aprobadas as súas solicitudes para a contratación de 40 persoas que traballarán en servizos municipais

O goberno da Deputación arranca o Plan Concellos 2023 coa aprobación das primeiras achegas da Liña 3 para a activación do emprego.  A Xunta de Goberno daba luz verde este venres a un total de 422.300 euros para que os concellos das Neves, Oia, Catoira e Pazos de Borbén poidan contratar a 40 persoas para servizos municipais. Estes primeiros recursos forman parte dos 9,5 millóns de euros que a Deputación vai distribuír  no 2023 entre os concellos de menos de 50.000 habitantes ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, que foi reformulada para adaptala á Reforma Laboral poñendo en marcha un Programa propio de Políticas Activas de Emprego. “Non se pode ser máis áxiles –destacou a presidenta Carmela Silva-. Antes de que comece o ano 2023 estamos xa a poñer recursos a disposición dos concellos”.

 

As Neves recibirá preto de 125.400 € para a contratación de 10 persoas que desenvolverán tarefas de recollida do lixo, traballos forestais, obras públicas, fontanería e operar maquinaria. No caso de Oia, apróbanse 107.070 € para a contratación de 8 persoas para desenvolver tarefas de albanelería, traballos forestais e operar maquinaria. Pola súa banda, a Deputación achegará 97.198 € ao concello de Catoira para a contratación de 10 persoas para museos e obras públicas. E ata Pazos de Borbén  92.601 € para a contratación de 12 persoas para servizos múltiples e obras públicas.

 

Desde 2016, ano no que a Deputación puxo en marcha o Plan Concellos, distribuíronse máis de 340,7 millóns de euros entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. No caso concreto do emprego, achegáronse aos concellos preto  de 70 millóns de euros a través da liña 3 que permitiron crear 7.007 postos de traballo nos servizos municipais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.4

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.