Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 24 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O “reno navideño” de Noelia Gómez gaña o I concurso de Postre de Nadal

En segundo posto quedou a “Tarta de queixo ao turrón” de Susana Cabaleiro e no terceiro a “Tarta de Turrón” de Rebeca Alonso

O Porriño buscaba este ano o mellor postre de Nadal e atopouno! O “Reno Navideño” elaborado por Noelia Gómez resultou gañador da primeira edición do Concurso de Postres de Nadal organizado polo Concello do Porriño. En segundo lugar quedou a “Tarta de queixo ao turrón” de Susana Cabaleiro e no terceiro a “Tarta de turrón” de Rebeca Alonso.


O xurado presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e composto por José Manuel Fernández (AHOSPOR), Noelia Conde (ACIPOR), David Sobral (AE Porriño), José Manuel Fernández (Asociación de Panadeiros do Porriño) e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, tivo que elexir entre as seis preparacións que se presentaron, todas elas de elevado nivel o que fixo que o podio estivera moi axustado.


Valorouse o sabor, a elaboración, a complexidade da receita, os ingredientes utilizados, a orixinalidade e a creatividade da presentación.


As gañadoras recibiron unha tarxeta-regalo para comprar no comercio e hostalería do Porriño por importe de 250 euros o primeiro posto, 150 euros o segundo e 100 euros o terceiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.