GALICIA
A Xunta paga máis de 893.700€ aos colexios de avogados e procuradores pola asistencia xurídica gratuíta
O DOG publica as ordes pola que se transfire o 8% do total certificado en 2021 entre os colexios profesionais de avogados e procuradores por este servizo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as ordes que establecen as cantidades que se aboan ao Consello da Avogacía Galega e ao Consello Galego de Procuradores dos Tribunais de Galicia para atender os gastos de funcionamento e infraestrutura dos servizos de asistencia letrada ao detido e defensas gratuítas, de acordo co establecido na Lei 1/1996 do 10 de xaneiro.
Ambas ordes establecen que os colexios de avogados e procuradores percibirán a contía que resulte de aplicar o 8% ao custe económico xerado na liquidación anual de 2021 polas actuacións profesionais de asistencia xurídica gratuíta.
Atendendo a este texto legal, vaise transferir ao Consello da Avogacía de Galicia a cantidade de 814.826,85 euros, correspondente ao 8% do total certificado polas actuacións profesionais de asistencia xurídica gratuíta durante o ano 2021, mentres que ao Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais de Galicia lle corresponden 78.907,04 euros. En total, máis de 893.700 euros entre ambas ordes.
Ao Consello da Avogacía Galega destinaranse 814.826 euros en concepto de asistencia xurídica gratuíta deste ano e outros 78.907 ao Consello Galego de Procuradores dos Tribunais de Galicia para repartir entre os colexios que representan
O Diario Oficial de Galicia tamén publica a actualización dos baremos que establecen as compensacións económicas aos colexios de avogados e procuradores polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta durante o cuarto trimestre de 2022 e o primeiro, segundo e terceiro trimestre de 2023.
O Goberno galego vén introducindo nos últimos anos incrementos nas compensacións e melloras na xestión do servizo de asistencia xurídica gratuíta, fundamental para garantir a igualdade de condicións de toda a cidadanía no acceso á Xustiza. Así, en 2021 aumentáronse as compensacións económicas que perciben os profesionais da quenda de oficio, tras o aumento dun 15% de media nos baremos que perciben colexios de avogados e de procuradores da comunidade por atender este servizo.
Ademais, grazas ás medidas que se foron tomando, Galicia é unha comunidade que paga pronto e puntualmente as certificacións remitidas por estes entes colexiais. Desde 2010, o investimento da Xunta en asistencia xurídica gratuíta suma preto de 140 millóns de euros e en 2023 reservaranse preto de 14 millóns de euros nos orzamentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148