Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 16:46:37 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 26 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Loito oficial na Deputación de Pontevedra polo tráxico accidente de Cerdedo-Cotobade

As bandeiras do Pazo, do Edificio administrativo e da sede en Vigo ondean xa a media hasta

Consternación, dó e loito oficial na Deputación de Pontevedra por mor do tráxico accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade, no que seis persoas perderon a vida e outras dúas sufriron feridas de diversa consideración, todas elas residentes en concellos da provincia (Agolada, Lalín, Nigrán e Soutomaior). Desde esta mañá e durante tres días, as bandeiras dos edificios provinciais (Pazo, Edificio administrativo e sede de Vigo) permanecen a media hasta en sinal de loito pola traxedia, que xa se considera o peor accidente de autobús en todo o territorio español desde 2016.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, trasladou as “condolencias da corporación e o noso agarimo ás familias e seres queridos das persoas falecidas no terrible accidente, e ás persoas feridas ás que desexamos unha pronta recuperación”. Carmela Silva agradeceu tamén o traballo de todos os dispositivos mobilizados no operativo de rescate, no que participaron efectivos do Consorcio Provincial Contra Incendios, e asegurou que o suceso “só se pode definir como unha auténtica traxedia. Non hai palabras para describir a dor que sentimos en toda a provincia ante a perda de seis veciñas e veciños do noso territorio, especialmente nestas datas de Nadal”.

 

Deputadas e deputados provinciais participarán hoxe na concentración e minuto de silencio en memoria das vítimas, convocada ás 12:00 horas na sede do Concello de Cerdedo-Cotobade en Cerdedo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.