DEPORTES
A Deputación celebra as cinco medallas de ouro do nadador Miguel Martínez
O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu no Pazo Provincial ao nadador vigués que vén de conquistar seis metais, cinco deles ouros, entre o Campionato de España de piscina curta e a Copa de España de clubs. Gorka Gómez cualificou a Miguel como “ un deportista de altísimo nivel que está a poñer o nome de Vigo e da provincia no panorama nacional”.
O deputado salientou a importancia de “seguir apostando polo deporte dende a base” remarcando o traballo das administracións públicas, “temos que dar apoio permanente aos deportistas dende o berce” e “a obriga de axudar ás e os deportistas en todas as súas iniciativas”. Tamén destacou o esforzo e sacrificio que hai detrás dun éxito deportivo e a importancia de valorar o traballo de todas as persoas “que fan posible que os deportistas cheguen á elite”.
Pola súa parte, Miguel Martínez agradeceu á institución provincial o recibimento e fixo unha valoración dos seus recentes éxitos tanto en competicións nacionais como internacionais onde ademais, quedou a piques de acadar o récord de España nos 200 bolboreta. “Levo traballando moi duro nos últimos meses e pouco a pouco van saíndo os resultados”. Agora enfocará o seus esforzos no Open de Primavera, para conseguir estar no Mundial de natación, “teño que loitar para conseguir unha praza”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217