VIGO
A Xunta adxudica os contratos para redactar os proxectos de 79 vivendas públicas en San Paio de Navia
O Goberno galego investirá máis de 28 millóns de euros na construción de 207 vivendas de promoción pública no primeiro polígono da ampliación
A Xunta de Galicia avanza na construción de 79 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, no Concello de Vigo, ao adxudicar os primeiros contratos para redactar os proxectos.
Así, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, asinou esta semana o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra, para construír 39 vivendas na parcela M-IVA-10 por importe de 242.000 euros.
A maiores, o IGVS adxudicou, por 254.590,05 euros, o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción doutras 40 vivendas de promoción pública na parcela M-IVB-21.
En ambos casos o prazo para a presentación dos proxectos básico e de execución será de cinco meses, aínda que o contrato de dirección de obra prolongarase durante toda a duración da mesma.
O investimento previsto na construción destas 79 vivendas é de 10,8 millóns de euros.
Están licitados os contratos de redacción de proxecto e dirección de obra doutras 128 vivendas
Ademais, tamén están en licitación os contratos de redacción de proxecto e dirección de obra doutros catro grupos de 42, 50, 18 e 18 de vivendas. O importe total de licitación destes contratos acada os 856.399,25 euros.
E, por outra parte, onte licitáronse os servizos de dirección e control das obras de urbanización do polígono 1 de San Paio de Navia. Son, en concreto, os servizos de dirección de obras -licitado por 296.450 euros-, o servizo de coordinación de seguridade e saúde -43.560 euros-, o servizo de vixilancia ambiental -60.376,82 euros- e o servizo de control de calidade das obras -229.769,80 euros-.
A Xunta investirá máis de 28 millóns de euros na construción de 207 vivendas de promoción pública no primeiro polígono da ampliación de San Paio de Navia. Xa están licitados os contratos para a redacción de todos os proxectos, así como para a dirección de obra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163