GALICIA
A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos e transporte da Ría de Vigo
O Diario Oficial de Galicia publica a orde que permite continuar con estas bonificacións no transporte público autonómico
A Xunta manterá a partir ddeste 1 de xaneiro o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol.
O Diario Oficial de Galicia publicaba este pasado xoves a orde que permite continuar con estas bonificacións do 50% no transporte público autonómico, que se aplicará sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova.
A orde regula o establecemento dunha minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar esta información: https://acortar.link/iaef5j
O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de manter a bonificación do 50% no transporte público autonómico, sempre e cando o Goberno central mantivese o desconto estatal.
Coa tramitación e publicación da orde xa hoxe no Diario Oficial de Galicia, o Executivo autonómico anticipouse para garantir que as bonificacións aos usuarios do transporte público autonómico teñan continuidade, sen interrupción, xa desde o mesmo día 1 de xaneiro, pese a que non foi ata só hai dous días, o 27 de decembro, cando o Goberno de España confirmou que ía manter o desconto estatal para os autobuses interurbanos e urbanos.
A pesar de que a orde publicada no DOG establece como prazo de aplicación dos descontos ata o 31 de xaneiro, xa prevé a ampliación do período no que se aplicará a minoración temporal da tarifa en función do establecido polo Goberno central no Real Decreto Lei para responder ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína aprobado polo Consello de Ministros o pasado día 27; isto é, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2023.
A bonificación do 50% no transporte público autonómico inclúe, ademais do autobús interurbano, o transporte de ría e o tren na área de Ferrol, tamén os servizos de transporte urbano de Ferrol e Pontevedra, cidades onde este transporte se presta a través das concesións autonómicas.
Con esta orde a Xunta anticípase para garantir que as bonificacións aos usuarios do teñan continuidade, sen interrupción, desde o 1 de xaneiro, pese a que o Goberno de España non concretou se ía manter o desconto estatal ata hai tan só dous días
A Xunta vén aplicando desde o pasado 1 de setembro a máxima bonificación no transporte público de titularidade autonómica, incrementando nun 20% a axuda estatal que o Goberno de España fixou nun 30%.
Durante practicamente estes catro meses, a Xunta asumiu con fondos propios a totalidade da rebaixa, posto que non foi ata o pasado 23 de decembro cando o Goberno central abonou a cantidade comprometida.
Os descontos do 50% aplicados desde a Xunta nos buses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol, levan xa bonificados 5,4 millóns de viaxes, beneficiando a máis do 75% dos viaxeiros do transporte público de Galicia.
Resposta ás necesidades de mobilidade
O Goberno galego, con estes incentivos, continúa a dar resposta ás necesidades reais dos cidadáns en materia de mobilidade.
A Xunta continúa coa súa aposta sen precedentes polo transporte público, ao que destinará o vindeiro ano 90 M€, tras materializar a renovación integral de todas as liñas de transporte interurbano e a posta en marcha de diferentes tipos de bonificacións.
A Xunta financia máis do 76% do custo das 3.400 liñas de transporte interurbano que operan na actualidade en Galicia e puxo en funcionamento unha medida pioneira na España das autonomías, a tarxeta Xente Nova, coa que preto de 135.000 mozos viaxan gratis por toda Galicia nos autobuses interurbanos da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17