Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 03 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

O BNG non comparte a creación dun “xornal municipal”

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona ven de amosar o rexeitamento a que se gasten cartos da veciñanza de Baiona na edición e reparto dunha "especie de xornal municipal".

Iago Pereira, portavoz do B N G e membro do goberno do Concello de Baiona, ven de declarar o descoñecemento que tiña da tirada do xornal municipal: “Tiñamos un total descoñecemento de que se estaba a crear un xornal municipal. Ninguén nos comunicou nada. A pesares de dar conta de parte do traball o feito pola Concellaría de Igualdade, dirixida polo B.N.G.”


O Bloque Nacionalista Galego en Baiona ven de amosar o rexeitamento a que se gasten cartos da veciñanza de Baiona na edición e reparto dunha "especie de xornal municipal".

 

"Unha serie de 24 folla s nas que non figura quen edita, dirixe, redacta e nen tan sequera a quen dirixirse para comunicar co suposto xornal"  explican os nacionalistas.


A parte de todos estes defectos técnicos, xurídicos e administrativos, engadir que adícase unha folla a unha “Carta do Alcalde” e outra, encabezada como “Entrevista”, que non é máis que unha entrevista ao Alcalde de Baiona o señor Carlos Gómez.


“A pesares de non estar dacordo coa edición de esta especie de xornal, entendemos que, de facelo, deberan ter o seu espazo correspondente todos os grupos municipais con representación no Plenario do Concello de Baiona xa que somos a representación institucional e política de toda a veciñanza.”, rematou o portavoz nacionalista.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.