SALVATERRA DE MIÑO
Corte do subministro da auga da traida en Salvaterra
O BNG Condado-Paradanta denuncia que levan "6 meses con máis de 20 cortes e falta de calidade da auga da traída, pero este 1 de xaneiro sufrimos un corte total de máis de 8 horas sen aviso previo en todo o Concello, sendo máis grave nalgunhas parroquias que levan dende o día 31 sen auga".
"Ao restablecerse o servizo o Concello recomenda que non se utilice a auga para consumo, recomendación que non fixo o 23, 24, 25 e 26 de decembro cando denunciamos unha alerta sanitaria por un brote de gastroenterites con posible relación coa auga da traída, onde se viu afectada unha parte importante da veciñanza" explican os nacionalistas.
Dende este grupo reclaman "ao goberno do PP de Salvaterra, responsable do servizo, que explique á poboación as causas reais do problema de subministro que vimos sufrindo, que solucións vai dar e en que prazos, porque xa leva dado varias versións creando un gran enfado e desconfianza na poboación".
"Pedimos responsabilidades ao goberno do PP de Salvaterra e a bonificación nos servizos da auga para as persoas e negocios afectados, porque entendemos que non se está cubrindo un servizo básico" sinalan dende o BNG ao tempo que lamentan "os danos e prexuízos sufridos pola veciñanza".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103