VIGO
Elevada utilización do albergue municipal de Vigo
O rexedor realizou balance da actividade do albergue municipal durante o mes de novembro de 2022, dando a coñecer datos do comedor social, do equipo de rúa, o servizo de hixiene e lavandería
Abel Caballero deu conta dos datos de uso do albergue municipal no mes de novembro, no que ao longo do mes durmiron no recinto municipal 111 persoas sen teito, realizando un total de 980 pernoitas.
Entre os datos aportados polo rexedor na rolda de prensa desta mañá, o servizo de comedor atendeu a 176 persoas, entregando 1878 menús, dos cales 944 foron no propio albergue e os restantes 934 a través de recollida no propio recinto. Ademais, en canto o servizo de hixiene, realizáronse 1259 duchas, mentres que, no de lavandería tiveron 679 actuacións.
O rexedor valorou o traballo do equipo de rúa que realizou 190 intervencións, nas que coa activación do dispositivo de frío a finais de novembro, produciuse unha intensificación das saídas, motivando o uso do albergue e entregando mantas. Finalmente, Caballero recordou a inversión que fai o Concello para este servizo alcanza o 1,4 millóns de euros, sendo Vigo “a única cidade que conta cun albergue público en Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163