A GUARDA
Os desperfectos provocados polas intensas choivas na Guarda a noite de fin de ano
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o Xefe provincial de Costas, Miguel García desprazánronse ata A Guarda para valorar, en compañía do alcalde, Antonio Lomba, os desperfectos provocados polas choivas
As fortes choivas que se produciron na madrugada do día un de xaneiro provocaron, no Baixo Miño, importantes inundacións de fincas e viarios así como violentas escorrentías de auga con arrastre de materiais que nalgunhas zonas produciron erosións moi destrutivas. Os derrubes que se produciron foron nalgúns casos moi graves e requiren unha reparación inmediata pola perigosidade que representan e porque de non actuar con celeridade pode continuar o seu deterioro.
Dada a gravidade da situación o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo contactos, o mesmo día un de xaneiro, coa Subdelegada do Goberno en Pontevedra, co Xefe de Costas de Pontevedra e co Xefe Territorial de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. O rexedor trasladoulle as autoridades a situación que se estaba a producir por causa das escorrentías no litoral do esteiro.
O luns día dous o alcalde remitía un informe, no que se recollían as principais incidencias que se produciron na localidade, a Costas do Estado en Pontevedra e a Xefatura Territorial de Medio Ambiente da Xunta. Este informe foi acompañado dunha solicitude de axuda e colaboración para reparar os danos provocados polas choivas e escorrentías. Os principais temas que se referían no informe eran: o colapso da pista entre a Armona e o Codesal a altura da Noria, o colapso da zona de acceso a praia do Muíño e a erosión producida na contorna do colector de desaugue de pluviais na praia do Muíño.
O alcalde da Guarda reclama a axuda de Costas do Estado e da Xunta de Galicia para realizar con urxencia as actuacións necesarias que permitan recobrar a normalidade no litoral do esteiro do Miño
O mesmo luns día dous, a petición do alcalde, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o Xefe Provincial de Costas, Miguel García, desprazáronse ata A Guarda para valorar “in situ” os desperfectos provocados polas intensas choivas.
A incidencia máis grave foi a que provocou o colapso da pista entre a Armona e o Codesal. Esta pista quedou totalmente cortada por unha fenda transversal que ocupa unha superficie que supera os 300 m2 cunha profundidade de máis de 3 m e con aproximadamente 12 m de na súa parte máis ancha. Esta fenda provocou, a rotura do colector principal da EDAR da Guarda e dificulta o acceso a dúas vivendas que se atopan a súa veira. O concello estivo durante o luns facendo unha reparación de urxencia do colector para restablecer a condución de fecais para a depuradora.
O alcalde trasladou ás autoridades, como xa fixera por escrito, a urxencia das actuacións necesarias que permitan recobrar a normalidade no litoral do esteiro. Sobre todo a reparación da pista na zona do Codesal, dado o perigo que representa, o quebranto para os veciños que teñen alí as súas vivendas e porque de producirse máis choivas podería agravarse a situación incluso provocar a caída de árbores de gran porte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141