Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 09 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG defende executar un novo colector no centro do Porriño

O Bloque reclama a execución dun colector de pluviais para evitar desbordamentos no centro urbano. O Pleno da Corporación Municipal vén de aprobar unha moción presentada polo grupo municipal nacionalista para reclamar da Xunta recursos para acometer esta infraestrutura. O goberno de Rueda rexeitou unha emenda aos orzamentos autonómicos presentada polo BNG neste sentido

"A zona centro do Porriño conta cunha rede unitaria, sen separación de augas residuais e pluviais, de diámetro reducido, o que provoca desbordamentos en días de moita choiva nos colectores do casco urbano. É preciso a construción dun novo colector para pluviais, con diámetro suficiente para recoller o incremento de caudal nas épocas de choivas, que recolla na Avenida de Galicia as augas que proceden da Malladoura, dos colectores da autovía A52 e das rúas Coruña e Lugo para levalas directamente ao Louro evitando colapsar a rede do centro" segundo sinalan os nacionalistas porriñeses.

 

 

“O Porriño precisa dun novo colector que evite o colapso dos sumidoiros do casco urbano nas épocas de intensas choivas. O BNG ten reclamado a colaboración da Xunta para podelo executar a través dunha emenda aos orzamentos autonómicos de 2023, rexeitada pola maioría do PP no Parlamento Galego. Agora conseguimos un acordo plenario para esixir esta infraestrutura e agardamos que o goberno local cumpra a vontade do Pleno e reclame ante a Xunta esta necesaria inversión”, manifestou o portavoz do BNG, Pedro Pereira, quen amosou a súa preocupación por que os compromisos da Xunta na localidade sexan destinados só a obras “electoralistas” e “cosméticas” e non a paliar os importantes déficits estruturais que O Porriño ten. 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.