Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Intoxicada unha muller tras incendiarse o seu piso en Salvaterra de Miño

Os Bombeiros do Porriño rescataron á muller cunha escada pola fachada do edificio, situado na Rúa Fonte da Vila. Posteriormente, os servizos sanitarios evacuárona ao Hospital Cunqueiro. Ademais, os Bombeiros lograron salvar a dúas mascotas.

 

Concretamente, o lume afectou ao salón da vivenda, que resultou completamente calcinado.

 

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia, ás 5:30 horas da pasada madrugada, para dar conta do incendio. Segundo indicaba, había unha muller no interior do piso afectado que non podía saír.

 

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros do Porriño, do GES-SPEIS de Ponteareas, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.