Miércoles, 25 de Noviembre de 2026

Actualizada Martes, 24 de Noviembre de 2026 a las 21:23:56 horas

Xornal21.es
Jueves, 12 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
IGUALDAD

A Xunta seguirá a indemnizar con 7.000 euros ás orfas e orfos das vítimas mortais por violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha nova convocatoria das axudas económicas para este colectivo ás que se destinarán 70.000 euros que serán ampliables, de ser necesario chegar a máis persoas beneficiarias

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha nova convocatoria das axudas que a Xunta de Galicia dirixe ás fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero ou a mulleres que resultaran gravemente feridas como consecuencia dunha agresión. O orzamento destas indemnizacións para 2023 ascende a 70.000 euros, ampliables en función das necesidades-  e os apoios poderán solicitarse desde mañá ata o 30 de novembro de 2023.

 

As persoas beneficiaras recibirán 7.000 euros nunha única achega,  no marco das medidas de asistencia integral que a comunidade brinda para apoiar a mulleres e menores no seu proceso de recuperación.

 

Poderán recibir a contía cada unha das fillas ou fillos da vítima mortal de violencia de xénero que na data do falecemento da nai sexan menores de idade e conviviran con ela, independentemente da renda familiar. Tamén está prevista indemnización para os e as descendentes maiores de idade ata 30 anos, que dependeran economicamente da nai e/ou do pai agresor sen recibir rendas ou que estas, en cómputo anual, non superen o equivalente a 12 meses do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples vixente (Iprem).

 

No caso das mulleres feridas polas agresións, a  Xunta indemnizará ás afectadas por lesións requiran de hospitalización e que, na data das mesmas, sexan maiores de idade ou emancipadas, con residencia en Galicia e se topen en situación de precariedade económica.

 

En ambos os dous casos, para poder acceder á convocatoria de 2023, os feitos teñen que terse producido con posterioridade ao 1 de xullo de 2021.

 

 

 

 

Os apoios poden solicitarse desde mañá ata o próximo 30 de novembro de 2023

 

 

 


A iniciativa enmárcase no conxunto de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que Galicia está a desenvolver. Neste caso concreto, trátase de brindar apoio ás vítimas directas e indirectas co obxectivo de que poidan atenuar os prexuízos económicos derivados da situación.  

 

A Xunta apoiou con esta iniciativa a un total de 17 persoas (8 orfos e 9 mulleres) desde o ano 2019, cando se publicou por primeira vez esta actuación.

 

O Goberno galego está comprometido en garantir ás mulleres vítimas unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor para que conten con ferramentas para dar o primeiro paso de ruptura e rachar coa violencia. Por este motivo, ademais das axudas hoxe convocadas, ten artellados outros apoios económicos de pago periódico -que sitúan a Galicia como primeira comunidade en dispor dunha axuda económica mensual e a única que a ten ininterrompida todo o ano- e de pago único, que teñen por obxecto apoiar ás mulleres con especiais dificultades para a busca de emprego.   

 

A Administración autonómica destinará a todos estes apoios económicos case 6 millóns de euros en 2023; unhas medidas que se complementarán cun amplo abano de recursos en materia de atención, acompañamento, formación e integración das vítimas de violencia de xénero como os incentivos para a súa contratación por entidades locais e sen ánimo de lucro; a atención psicolóxica gratuíta tanto ás mulleres como ao seu entorno; ou o impulso da Rede galega de acollemento -integrada por sete centros na comunidade- que en 2023 verá incrementada a súa dotación nos orzamentos nun 24%.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.105

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.