PROVINCIA
Convocan aos propietarios dos terreos para a mellora da PO-234 entre Cerdedo–Cotobade e Ponte Caldelas
Segundo recolleo Diario Oficial de Galicia, o levantamento de actas previas fíxase o 25 e 26 de xaneiro e a formalización das actas de ocupación o 28 e o 29 de marzo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou esta semana no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria, para xaneiro e marzo, dos actos expropiatorios para executar as obras de acondicionamento da estrada PO-234 entre Laxoso e o cruce do Portasouto, no concello de Ponte Caldelas.
A nova intervención da Xunta suporá un investimento de máis de 1 M€ e permitirá completar as intervencións de mellora desta estrada autonómica entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, incluíndo a mellora puntual do trazado, a ampliación da calzada e a mellora das interseccións das vías públicas coa estrada autonómica.
Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar os días 25 e 26 de xaneiro de 2023, entre as 09:00 e as 13:45 horas, no salón de plenos do Concello de Ponte Caldelas. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo no mesmo lugar e idéntico horario os días 28 e 29 de marzo. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información: https://acortar.link/DnGhDL
A intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta céntrase no tramo de preto de 1,6 km da PO-234, entre os puntos quilométricos 2+580 e 4+150 e conta cun prazo de execución de oito meses.
Máis en detalle, as actuacións comezarán polos traballos de mellora puntual do trazado e a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho, acadándose 2 carrís de 3 metros e 2 beiravías de 0,50 metros, co obxecto de mellorar a seguridade viaria.
Actuarase na vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria, cun investimento autonómico de máis de 1 M€
Tamén se intervirá nas interseccións e executaranse cunetas de seguridade e melloras da drenaxe transversal e lonxitudinal da vía. Ademais reporase a sinalización horizontal e vertical e as barreiras de seguridade flexibles.
Con esta actuación a Xunta completará o acondicionamento desta estrada autonómica que conecta os núcleos de Ponte Caldelas e Aguasantas, no municipio de Cerdedo-Cotobade, cuxas dúas primeiras fases foron xa executadas e supuxeron un investimento autonómico de preto de 1,25 M€.
A execución da mellora desta vía dividiuse en tres fases. Xa está a disposición dos veciños o tramo mellorado entre o cruce do Portasouto e Aguasantas e tamén está acondicionado o treito entre Ponte Caldelas e Laxoso.
A Xunta continúa traballando no mantemento e mellora da rede viaria autonómica co fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217